Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTADA A PROGRAMACIÓN DE FESTAS DE CARNAVAL
PRESENTADA A PROGRAMACIÓN DE FESTAS DE CARNAVAL
O Concello de Narón englobará na tarde-noite do sábado os actos programados polo Padroado de Cultura para celebrar a festividade do Carnaval, que nesta ocasión conta cun orzamento de 30.000 euros nos que se inclúe tamén unha partida da Concellería de Festas.
Narón, 29 de Xaneiro de 2008.- Nesta ocasión serán dous as comparsas de Narón que participen na celebración do carnaval, A Revolta e Parrandolos. Ademáis, inscribíronse outras catro comparsas da comarca (Os Kikos, de Cedeira; As Vellas da Troula, de Fene; Os Trastos, de Valdoviño; e Os Rapeiros da Asociación Alende, de As Pontes). O tradicional Concurso de Comparsas será, como de costume, na Praza de Galicia para o que se instalará unha carpa con dous escenarios sobre os que actuarán as agrupacións e tamén unha orquesta que amenizará a tarde-noite do sábado.

O programa de actos comenzará ás 17 horas, coa concentración das Comparsas na Praza da Constitución, en A Solaina. Dende alí iniciarán un pasarrúas cara á Praza de Galicia, onde se celebrará o festival a partires das 18:30 horas. O xurado valorará o traballo de elaboración dos seus disfraces, ademáis do contido das súas cantigas, e se otorgarán premios simbólicos.

Finalizado o concurso, a festa continuará na Praza de Galicia esta vez a cargo da orquestra Dinastía. Durante a súa actuación, haberá regalos sorpresa para os disfraces individuais, en parella, e de grupo (ata un máximo de cinco persoas) que estean presentes na festa. O Concello pretende con esta iniciativa que a xente se disfrace por Carnaval, e participe desta celebración.

Tamén a zona rural recibirá a visita das duas comparsas naronesas, A Revolta e Parrandolos. Eles serán os encargados de actuar nos distintos locais sociais, co fin de extender o Carnaval tamén ó extrarradio de Narón. De cara ó vindeiro ano, o Padroado de Cultura ten a intención de organizar outro festival de carnaval para a zona rural.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal