Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NA TERCEIRA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NA TERCEIRA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL
As persoas interesadas en percorrer a pé un tramo do camiño a San André de Teixido o vindeiro 24 de xaneiro poderán anotarse a partir do día 11 deste mes no polideportivo da Gándara
Narón, 10 de xaneiro de 2016. O vindeiro día 24 de xaneiro terá lugar a terceira andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”. Nesta ocasión os camiñantes percorrerán un tramo de aproximadamente catorce quilómetros nun tempo estimado de case catro horas. “Polo camiño a San André de Teixido” é a terceira ruta deseñada nesta convocatoria para a que as persoas interesadas poderán inscribirse a partir do día 11 deste mes no pavillón polideportivo da Gándara, tal e como recordou o edil de Deportes, Román Romero. O prezo para participar é de tres euros, unha cantidade na que se inclúe o desprazamento en autobús para regresar ao polideportivo desde Sedes –onde remata o traxecto-, o avituallamento e un agasallo. Os menores de dezaoito anos deben ir acompañados por un adulto.
Os camiñantes deberán estar ás 9.30 horas do día 24 no pavillón polideportivo da Gándara, de onde partirá ás 10.00 horas a ruta por un tramo do camiño a San André de Teixido que rematará no apeadeiro de FEVE da parroquia de Sedes. Unha vez neste último punto o bus trasladará aos participantes ata o pavillón da Gándara.
O Padroado de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca organizan este programa, iniciado o pasado 22 de novembro e que convoca unha ruta mensual ata o vindeiro mes de xuño, incrementándose as distancias e a dificultade dos percorridos a medida que avanza a iniciativa. A próxima saída será o 21 de febreiro e desenvolverase polas inmediacións do río Xuvia.
As actividades do programa “Ponte en ruta con nós” tan só se suspenden no caso de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía decrete alerta laranxa ou vermella, tal e como se recorda desde a organización.
O edil de Deportes de Narón destacou os beneficios deste tipo de iniciativas, “pensadas para erradicar o sedentarismo e para fomentar a práctica de actividades deportivas ao aire libre, ao tempo que nos permiten coñecer máis polo miúdo o termo municipal naronés e o seu entorno”, apuntou. Román Romero animou á veciñanza a participar nestas rutas de sendeirismo programadas desde o Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal