Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS AGRACIADOS COS CATRO VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE" RECIBIRÁN OS SEUS PREMIOS O DÍA 18 DE XANEIRO NO CONCELLO
Os últimos premios da campaña, dous vales de compra por valor de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros, recaeron en persoas de Narón e Ferrol
Narón, 14 de xaneiro de 2016. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Olga Ameneiro, representante da Asociación de Comercio de Narón, foron os encargados de coller, entre todas as papeletas recibidas, as gañadoras do último sorteo da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. Os dous vales de 500 euros para comprar en comercios da localidade recaeron en Mercedes Docurro e María del Carmen Arribas, veciñas de Ferrol e Narón e que depositaron as papeletas nas urnas dos establecementos Din y Don Jugueterías e Froitas Améndoa, respectivamente. Os outros dous vales, por importe de 300 euros cada un, son para Amalia Pardo e Noelia Bogo, de Narón que realizaron as súas compras en Herbodietética Eva e El Globo o El patito de goma –a última agraciada participou na campaña en ambos locais comerciais- Os galardoados recollerán os vales o día 18 de xaneiro no Concello, nun acto que terá lugar ás 13.00 horas e ao que asistirá ademáis do edil de Promoción Económica e representantes da Asociación de Comercio de Narón, o alcalde da localidade, José Manuel Blanco. Esta campaña de comercio iniciouse a principios do mes de decembro e na mesma participaron algo máis dun cento de comercios da localidade. Neste tempo celebráronse diferentes actividades e sorteáronse dezasete carros de compra –un ao día- e catro cestas con produtos de Nadal –unha cada semana- e os catro vales de hoxe. O acto do día 18 porá fin a esta campaña, deseñada un ano máis desde o Concello para fomentar as compras nos pequenos e medianos comercios do municipio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal