Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN EN REPULSA DA VIOLENCIA DE XÉNERO E EN SINAL DE DUELO POLO CRIME DE CARIDAD PÉREZ, VECIÑA DA PARROQUIA DO COUTO
Políticos, persoal do Concello e veciños e veciñas gardaron tres minutos de silencio en sinal de repulsa a esta lacra social
Narón, 14 de xaneiro de 2016. Representantes dos grupos políticos da corporación local, funcionarios, persoal laboral e veciños e veciñas de Narón participaron na concentración celebrada esta mañá para condenar os actos de violencia de xénero e en recordo dunha das vítimas desta lacra social, Caridad Pérez, veciña da parroquia do Couto asasinada o pasado 29 de decembro e cuxo home foi detido pola súa presunta implicación no crime. Os asistentes gardaron tres minutos de silencio ás portas do Concello a partir das doce do mediodía como medida de repusa e en sinal de duelo. O rexedor local condenou calquera manifestación de violencia, en particular nesta ocasión a de xénero, e incidiu en que Narón “é unha cidade habitualmente tranquila, polo que o feito de que sucedan estas cousas nos deixa, se cabe, aínda máis perplexos”. Blanco lamentou o suceso e subliñou a necesidade de “concienciar á sociedade para que se decate de que isto non pode seguir deste xeito e ás autoridades de que teñen que tomar máis medidas aínda para que isto non se repita”. Ao tempo o alcalde destacou a importancia de “deixar que a xustiza actúe, que é canto podemos pedir”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal