Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA TEATRO MERIDIONAL REPRESENTARÁ "LOS ESCLAVOS DE MIS ESCLAVOS" NO PAZO DA CULTURA
A posta en escea da obra terá lugar o 16 de xaneiro a partir das 20.00 horas
Narón, 15 de xaneiro de 2016. O Pazo da Cultura de Narón acollerá o día 16 de xaneiro a representación da comedia "Los esclavos de mis esclavos". O elenco da compañía Teatro Meridional será o protagonista desta convocatoria, dirixida ao público adulto, de algo máis dunha hora de duración e que comezará ás 20.00 horas. As entradas pódense adquirir na billeteira do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. A vindeira representación teatral enmarcada na programación deseñada pola Concellería de Cultura para o Pazo terá lugar o día 23 de xaneiro. Nesta ocasión a compañía Teatro do Noroeste será a encargada de poñer en escea o espectáculo "Palabras Malditas", de case dúas horas de duración e tamén dirixida ao público adulto. O prezo das entradas, xa á venta no Pazo, é de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para desempregados, abonados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A representación comezará ás 20.00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal