Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS "USUARIOS DE HONRA 2015" DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS
O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, entregaron as distincións
Narón, 16 de xaneiro de 2016. A sala Infantil da Biblioteca Municipal acolleu o acto de entrega de diplomas ás persoas distinguidas como “Usuarios de honra 2015” do citado centro. Os encargados de dar os diplomas foron o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo. Este foi o terceiro ano consecutivo no que se concederon estas distincións, que recaeron en: Nerea López Camba, Lucía Hurtado Fontao, Inés Mosquera Martínez, Hugo Calvo Mauriz e Marco Calvo Mauriz, no apartado de menores de 14 anos, e en: Dora Pereiro Grandal, Ana María Puentes López, Ana López Freire, Roberto Pantín Rodríguez e Jonatan León Barrul na categoría de adultos. Os nomeamentos concédense tanto polo uso realizado dos fondos do centro como pola participación e implicación nos distintos obradoiros e outras actividades que alí se convocan ao longo do ano.
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, felicitou aos gañadores e gañadoras e tamén destacou a labor que realiza o persoal que traballa nas instalacións. Pola súa parte, o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, tras dar a noraboa aos novos “Usuarios de honra” da Biblioteca Municipal, animounos a continuar na mesma liña e fixo especial fincapé nas distincións da categoría dos menores de catorce anos, incidindo en que “é moi importante que sigades tan implicados e aproveitando tan ben as actividades e os servizos que se ofrecen neste centro porque vós sodes o futuro de Narón”.
O número de socios das instalacións é na actualidade de 15.947, tal e como apuntou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que indicou que “hai tan só dous anos que se inscribiu o socio número 15.000, o que reflicte a boa acollida que teñen as instalacións e constata a calidade dos servizos que dende alí se prestan á cidadanía”.
A Biblioteca Municipal comezou a súa andaina no ano 1986 nas instalacións da Casa da Cultura –coñecidas como o Chalé de Antón-. O 23 de abril do ano 2003 tivo lugar, con motivo da conmemoración do Día do Libro, o traslado ás actuais instalacións, localizadas na rúa 25 de Xullo. A lectura en sala, o préstamo a domicilio, a formación de usuarios, a hemeroteca e o préstamo de documentos electrónicos son algúns dos servizos prestados na biblioteca, que atende unha media de duascentas persoas ao día –entre todos os servizos-, tal e como apuntou a concelleira da área, Mercedes Taibo.
A edil naronesa indicou ademais que “desde o mes de outubro de 2015 os usuarios e as usuarias poden interactuar coa biblioteca a través das redes sociais, en Facebook (Biblioteca Pública Municipal de Narón) e Twitter (@BibliotecaNaron), desde onde se informa tamén puntualmente das novidades e actividades que se desenvolven no centro”.
O horario de apertura é, durante a tempada invernal, de luns a venres desde as 9.30 ata as 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados desde as 10.00 ata as 13.00.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal