Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO
A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO
O certame desenvolverase do 4 ao 10 de febreiro nos establecementos adheridos
Narón, 17 de xaneiro de 2016. A Concellería de Promoción Económica de Narón, dirixida polo edil Pablo Villamar, vén de anunciar a organización dunha nova edición, a cuarta xa, do Concurso de Tapas de Entroido, unha iniciativa dirixida ao sector hosteleiro do municipio coa que o goberno local pretende dinamizar e promocionar a actividade hosteleira e a gastronomía propias. A iniciativa está aberta a todos os establecementos hosteleiros do concello, que poderán inscribirse desde o martes 19 de xaneiro até o día 26 deste mes chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1204 ou 1063) ou enviando un correo electrónico ao enderezo narongastronomico@naron.es. O certame prolongarase do 4 ao 10 de febreiro.
Nesta edición introduciranse algunhas novidades con respecto ás anteriores. Así, haberá dúas modalidades: as tapas de libre creación e as tapas de Entroido. Os establecementos poderán participar en ámbalas dúas ou nunha soa e deberán porlle nome á creación coa que queiran concursar. As tapas serviranse de balde ao público do 4 ao 10 de febreiro, respectando o horario mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas. A cada establecemento participante entregaráselle material promocional, folletos informativos, unha urna e tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto.
En canto aos premios, fíxanse 5 en total: un de votación popular e catro polo xurado. No primeiro deles, o galardón concédeo a clientela que visite os establecementos nas datas do concurso, puntuando do 1 ao 5 a tapa degustada e depositando o seu voto nas urnas colocadas no mostrador. Admitirase só un voto por cada tapa, isto é, un único voto por cliente e tapa. No suposto de que o establecemento ofreza máis dunha tapa, poderase votar só unha vez por cada unha delas. O premio ao gañador será de 250 euros máis un diploma acreditativo.
O xurado, integrado por un membro do Concello, un crítico gastronómico e un cociñeiro designados pola organización, dará dous premios por cada modalidade: primeiro e segundo ás mellores tapas de libre creación, dotados economicamente con 400 e 250 euros, respectivamente, ademais de senllos diplomas acreditativos. As mesmas cantidades destinaranse ás mellores tapas de Entroido. O nome dos establecementos premiados darase a coñecer a través da páxina web do Concello –www.naron.es-.
Como nas anteriores edicións, o público participante na iniciativa poderá obter un premio. Así, sortearanse cinco ceas para dúas persoas para aqueles clientes que tomen parte no concurso.


Descarga de archivos
BASES DO CERTAMETamaño: 115,77 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal