Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS GAÑADORAS DOS CATRO VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE" RECIBIRON OS SEUS PREMIOS NO CONCELLO
As agraciadas gastarán os vales nas xornadas dos días 20 e 21 de xaneiro nos establecementos adheridos á iniciativa
Narón, 18 de xaneiro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu esta mañá o acto de entrega dos catro vales de compra sorteados na campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. O rexedor local estivo acompañado polo edil de Promoción Económica, Pablo Villamar e por Olga Ameneiro e Eva Pena, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón. No último sorteo realizado no marco desta campaña –que tivo lugar o pasado xoves, día 14, no Concello- resultaron elixidas as papeletas de Mercedes Docurro e María del Carmen Arribas, de Ferrol e Narón respectivamente, como gañadoras cada unha dun vale por importe de 500 euros –polas súas compras nos establecementos Din y Don Jugueterías e Froitas Améndoa-. Os outros dous vales, de 300 euros cada un, foron para Amalia Pardo e Noelia Bogo, veciñas de Narón –que depositaron as papeletas do sorteo nas urnas dos comercios Herboristería Eva e en El globo o El patito de goma (unha das papeletas non tiña o selo do local)-. O rexedor local, José Manuel Blanco, felicitou ás gañadoras dos catro vales de compra e agradeceulles, ao igual que ao resto de persoas que participaron nesta campaña, empresarios e clientela, o seu apoio á iniciativa. “Narón ten unha gran cantidade de pequenos e medianos establecementos comerciais que nos ofrecen unha gran diversidade produtos de calidade á hora de realizar as nosas compras”, subliñou, ao tempo que comprometeu o mantemento do apoio da administración local ao citado sector. Pola súa banda, o edil de Promoción Económica, destacou tamén a implicación dos comerciantes naroneses que, dixo, “un ano máis respaldaron esta iniciativa, o que nos permite contar con un maior número de establecementos participantes en cada edición”. As premiadas deberán gastar o importe dos seus vales nalgúns dos comercios adheridos á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, iniciada o pasado mes de decembro. Durante as xornadas do mércores e o xoves as galardoadas citaranse con persoal da organización do evento para realizar as pertinentes compras con cargo ao importe dos seus vales. En ambas xornadas establecéronse catro turnos (un para cada gañadora) que sairán ás dez da mañá e ás cinco da tarde da porta principal do Concello cara aos establecementos elixidos por elas. A campaña impulsada desde a Concellería de Promoción Económica logrou a implicación de 165 pequenos e medianos comercios da localidade. Desde principios do pasado mes de decembro sorteáronse dezasete carros de compra e catro cestas con produtos de Nadal entre a clientela dos citados establecementos, ademais dos vales entregados hoxe.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal