Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS GAÑADORAS DOS VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE" ADQUIREN VARIOS PRODUTOS NOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS
AS GAÑADORAS DOS VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA
As naronesas Noelia Bogo e Amalia Pardo realizan hoxe o percorrido e mañá será o turno de Mercedes Docurro e María del Carmen Arribas, de Ferrol e Narón, respectivamente
Narón, 20 de xaneiro de 2016. Persoal da organización da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, acompañou esta mañá a Noelia Bogo, veciña de Narón e gañadora dun vale de compra por importe de 300 euros con cargo a esta iniciativa impulsada desde o Concello. A naronesa percorreu varios establecementos da localidade desde primeira hora da mañá, adquirindo diferentes produtos en comercios adheridos a esta iniciativa, tal e como se estipulaba nas bases. Noelia Bogo estivo durante un par de horas visitando algunhas tendas co fin de realizar as súas compras, se ben finalmente se decantou por M. Fidalgo Joyería, Noelia Soto Fotografía e El globo.
O percorrido realizarao a tamén naronesa Amalia Pardo esta tarde, a partir das cinco, hora na que comezará a gastar outro vale por importe de 300 euros sorteado con cargo á citada campaña. Na xornada de mañá faran o propio Mercedes Docurro e María del Carmen Arribas, veciñas de Ferrol e Narón, respectivamente, e gañadoras dos dous vales por importe de 500 euros, que irán tamén en dúas quendas, unha a partir das dez da mañá e outra desde as cinco da tarde.
A campaña organizouse un ano máis a través da Concellería de Promoción Económica, á fronte da que está o edil Pablo Villamar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal