Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS AO ALUMNADO DE CATRO CURSOS DOS PROGRAMAS FORMATIVOS MUNICIPAIS "HABILITA 2015" E "MOCIFOR 2015"
Un total de 63 persoas recolleron os seus diplomas no Concello
Narón, 21 de xaneiro de 2016. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, entregaron esta mañá no Concello un total de 63 diplomas aos alumnos de catro cursos convocados no marco dos programas formativos municipais “Habilita 2015” –a 48 persoas- e “Mocifor 2015” –a outras 15-. No marco da primeira das modalidades entregáronse os correspondentes a “Xestión de almacén e carretilleiro/a”; “Prevención de riscos laborais” –houbo dúas edicións- e “Autoemprego”, se ben o outro curso, do programa “Mocifor 2015” neste caso, foi tamén de “Xestión de almacén e carretilleiro/a”, debido á elevada demanda de prazas. As sesións formativas dirixíanse a persoas desempregadas empadroadas no municipio e, no caso da modalidade “Mocifor 2015”, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. O curso de “Prevención de riscos laborais” tivo unha duración de 60 horas, e os restantes de 100 horas cada un. A edil de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, valorou a participación do alumnado e felicitouno por ter rematados estes cursos programados desde o Concello. O alcalde, José Manuel Blanco, incidiu en que “é o tempo da formación” e comprometeu o apoio do goberno local a este tipo de convocatorias, ao tempo que desexou moita sorte aos alumnos e alumnas que recibiron os seus diplomas e expresou o seu desexo de que mellore a situación e descendan as preocupantes cifras de desemprego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal