Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CENTRO CÍVICO MUNICIPAL DO ALTO ACOLLEU UNHA REUNIÓN PARA PROGRAMAR VARIAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS A DESENVOLVER EN MARZO
O CENTRO CÍVICO MUNICIPAL DO ALTO ACOLLEU UNHA REUNIÓN PARA PROGRAMAR VARIAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS A DESENVOLVER EN MARZO
As edís de Participación Cidadá e Igualdade, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, reuníronse con representantes de dez asociacións
Narón, 24 de xaneiro de 2016. O salón de actos do Centro Cívico municipal do Alto do Castiñeiro acolleu a pasada semana unha nova sesión de traballo, a cuarta, do Consello Sectorial de Igualdade (en constitución). As edís de Participación Cidadá e Igualdade, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, mantiveron un encontro con representantes de dez entidades para avanzar nas actividades conmemorativas que se desenvolverán o vindeiro mes de marzo e tamén para continuar traballando no expediente de constitución do citado Consello. Sumáronse á convocatoria integrantes das AVV Os Irmandiños do Val e Virxe de Fátima, de Freixeiro; do Patronato Concepción Arenal; de Acadar; Cogami; da Asociación de Comercio de Narón; a ASCM; a Asociación de Mulleres Rurais San Clemente; a Fundación Terra de Trasancos, do Val, e Bbtta, ademáis dunha integrante da Escola de Participación Cidadá.
Tras repasar o traballo realizado en sesións anteriores, a edil de Igualdade explicou as actividades que desde o Concello se prevén programar o vindeiro mes de marzo e indicou que esa programación, unha vez concretados espazos e horarios, se remitirá ás entidades desde a Escola de Participación Cidadá. Así mesmo, Teresa Sabio animou á representación das entidades alí presentes a enviar as súas propostas, “co fin de coordinar datas e proceder a difundilas entre a veciñanza de cara á súa posible participación nas mesmas”.
Pola súa banda, a edil de Participación Cidadá referiuse ao procedemento para constituír formalmente o Consello Sectorial de Igualdade e recordou a importancia de que cada entidade notifique ao Concello por escrito –a través do Rexistro- un titular e un suplente para formar parte do mesmo e traballar xunto cos representantes dos grupos políticos municipais. Así mesmo, Catalina García aludiu á necesidade de actualizar o Rexistro Municipal de Entidades, solicitando a entrega da documentación pertinente e comunicando, no caso de que se realizasen, as modificacións na xunta directiva. “Trátase dunha cuestión a ter moi en conta polas asociacións porque se os datos non están ao día procederase a dalas de baixa do citado rexistro, co que perderán todos os dereitos contemplados á hora de concesión de subvencións e convenios, uso de equipamentos e outras posibles axudas”, subliñou García.
As edís de Participación Cidadá e Igualdade agradeceron a colaboración das diferentes entidades e recordáronlles que o vindeiro 18 de febreiro se prevé celebrar unha nova xuntanza no Centro Cívico do Alto para continuar avanzando na programación a desenvolver desde o Concello e coas diferentes asociacións no municipio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal