Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2016 ASCENDE A 28,9 MILLÓNS DE EUROS
O ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2016 ASCENDE A 28,9 MILLÓNS DE EUROS
O goberno local presentou o documento, que se someterá a aprobación plenaria o día 27 de xaneiro
Narón, 26 de xaneiro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou esta mañá os orzamentos municipais de 2016 acompañado polos portavoces de TEGA, Marián Ferreiro; BNG, Pablo Villamar, edil de Xestión Orzamentaria, e o tamén concelleiro Octavio Dopico, do PSOE. O rexedor local aludiu ao “marco de austeridade” no que se formulou o documento contable, que ascende a 28.951.234,92 euros, o que supón un incremento do 3,18% con respecto ao 2015 –no 2016 aumentou en 892.312,47 euros-, que foi de 28.058.922,45 euros. O alcalde incidiu en que o capítulo 1 de ingresos, de Impostos directos, aumenta un 2,83% debido -indicou referíndose ao documento técnico que acompaña á memoria- “á correcta cuantificación do impacto do 10% da revisión do valor catastral que se realizou na Ponencia de Valores de 2008, compensándose o incremento que corresponde en 2016 coa rebaixa dos tipos”, pero en ningún momento, asegurou “a un incremento real da recadación”. Blanco subliñou que “seguimos mantendo as condicións que nos impuxemos no pacto de goberno, baseadas en tres pilares: manter as axudas sociais necesarias para colaborar cos veciños e veciñas máis necesitados nestes tempos de crise; manter os servizos relacionados coa atención ás persoas maiores, cultura, deportes e xuventude e rebaixar a débeda paulatinamente, aínda que nunca foi excesiva no Concello”.
Blanco citou, no capítulo de gastos, os de Persoal, que representa 8.434.646,44 euros en 2016, o 29% do total. “Hai que agradecer moitísimo ao persoal do Concello de Narón a súa labor, polo pouco persoal que hai, o que obriga ao existente a ter que facer un esforzo moi grande para poder sacar adiante todo o traballo”. O rexedor local recordou que os gastos en Bens correntes e servizos son de 14.200.068,64 euros e aludiu á rebaixa dun 29,40% dos Gastos financieiros con respecto a 2015. O investimento en obras contemplado no orzamento deste ano ronda os catro millóns de euros, entre o POS, o PAS e o plan municipal contratado en decembro, salientou.
Blanco recordou que o documento, que irá ao pleno ordinario deste xoves, se entregou o pasado 23 de decembro a todos os grupos políticos da corporación e que se abordou esta mesma semana en Comisión. No tocante ás alegacións presentadas polo PP, que foron rexeitadas, o alcalde explicou que se entregaron o pasado sábado e incidiu en que “nalgúns casos atentan contra a política social, cultural e deportiva do concello”, sinalando que algunhas das propostas plantexadas “analizaranse ao longo do ano”.
Pola súa banda, o edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, asegurou que o Concello, á hora de elaborar o documento, partiu dunha situación de estabilidade, “con algo máis de sete millóns de euros en Tesourería a finais de 2015, o que mostra unha moi boa situación de liquidez, onde os préstamos baixaron prácticamente á metade no último mandato e que a finais de 2016 será de 5,1 millóns de euros”. Villamar recordou a rebaixa aplicada ao IBI ao 0,66 para que non se incrementen os recibos e asegurou que as transferencias doutras administración baixan a nivel estatal pero increméntanse a nivel provincial porque, dixo, “na Deputación estase empezando a tratar a Narón polos criterios que lle corresponde, de habitantes, superficie…”.
Nos ingresos os Impostos directos representan 12,4 millóns, onde se contabilizan o IBI, que rondará os 8,2 millóns, o IVTM e o IAE; os Impostos indirectos, básicamente licenzas de obra, é de 250.000 euros e “está moi axustado porque no concello aínda non está medrando o que quereriamos”, mentres que por Taxas e outros ingresos –lixo, dependencia, servizos deportivos….- se prevén recadar 4,9 millóns, dixo. No apartado de Transferencias correntes, explicou o edil dos 9,8 millóns a partida máis importante é a referida ao Estado, en torno a 7,7 millóns, e case 170.000 euros inferior á aportación feita o ano pasado, e o resto correspóndese ás achegas da Xunta ao financiamento local. As Transferencias de capital medran -polas achegas da Deputación- en 812.741,31 euros, ata alcanzar os 1,2 millóns. “Un ano máis e a pesar desa situación de crise, o Concello ten o músculo suficiente para poder afrontar estes orzamentos, que son razoables, sen ir a ningún tipo de petición de préstamo”, indicou.
No referente aos gastos, Villamar mencionou os de Persoal, calificándoos de “moi bos e razoables con respecto ao resto” e explicou que a subida do 3,58%, pasando dos 8.143.397,03 do ano pasado aos 8.434.646,44 deste ano responden ao recoñecemento da paga extra, a suba do 1% contemplada na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para empregados públicos e a compromisos adquiridos no seu día en materia de produtividade. “O apartado máis importante son os Bens correntes e servizos, case o 50% dos gastos do orzamento, onde está a limpeza de rúas, a electricidade… todos os gastos xerais do Concello, que prácticamente son os mesmos ao conter os gastos e tratar de facer máis co mesmo ou con menos”, apuntou. O edil explicou tamén que os gastos financieiros baixan case un 30% ao reducirse a débeda e nas Transferencias correntes, nas que se inclúen o Padroado de Cultura e tamén están as que se fan a diferentes entidades de distintas áreas. Os Investimentos reais medran case un 61% grazas ás transferencias antes citadas da Deputación e aos recursos propios do Concello.
Por último, Villamar recordou que se reservan os 100.000 euros para o convenio do novo centro de saúde comprometido pola Xunta, nas Transferencias de Capital. “Todo indica que pecharemos razonablemente ben o 2015 e que haberá remanentes que nos permitirán poder seguir actuando na liña de atender á cidadanía e manter e mellorar a súa calidade de vida”, apuntou.
Respecto aos investimentos, o alcalde asegurou que “nós partimos da base de que o mellor é ir consolidando os ingresos durante o ano e se van ben, haberá superávit que posteriormente se destinará a investimento, a que aparece no orzamento é a comprometida, o POS, o PAS e case un millón do Concello pero seguramente haberá máis durante o ano”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal