Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SEPES PRESENTA A NARÓN E VALDOVIÑO O SEU PLAN DE ACTUACIÓN PARA AS BOEIRAS
Os rexidores de ambos concellos reuníronse con responsables da Entidad Pública del Suelo (SEPES) en Madrid, para falar do plan de actuación sobre os terrenos que comparten Narón e Valdoviño
Narón, venres 1 de Febreiro de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e a Alcaldesa de Valdoviño, Isabel Alvarez, asistiron onte en Madrid a unha reunión co director de Promoción e Desenvolvemento da SEPES, Francisco Moza. Neste encontro, o responsable da Entidad Pública del Suelo (SEPES) explicou o plan de actuación previsto sobre a superficie de 1.400.000 m2 de propiedade estatal. A SEPES pretende xestionar tres áreas diferenciadas, nos terrenos de As Boeiras. Na parte de Narón, construirarse unha zona residencial con cerca de 500 vivendas de protección autonómica, complementadas por un espacio comercial. En Valdoviño preténdese construir un polígono industrial, e entre ambos concellos se edificaría un parque tecnolóxico. Dende a SEPES estanse a realizar os estudios económicos necesarios para garantizar a viabilidade do proxecto. Unha vez feitos, firmarase un convenio cos concellos de Narón e Valdoviño de cara á súa execución. Sobre os planes da SEPES para As Bolleiras, o Alcalde de Narón declarou que "con esta iniciativa levántase dunha vez a barreira que pesaba sobre As Boeiras, para convertir este espazo noutro motor económico de Ferrolterra".

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal