Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL APROBOU NO PLENO O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2016 QUE ASCENDE A 28,9 MILLÓNS DE EUROS
O GOBERNO LOCAL APROBOU NO PLENO O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2016 QUE ASCENDE A 28,9 MILLÓNS DE EUROS
Na sesión plenaria a corporación local respaldou de forma unánime a nova Ordenanza de Transparencia do Concello, que se aprobou de xeito inicial
Narón, 28 de xaneiro de 2016. O grupo de goberno de Narón aprobou na sesión plenaria celebrada este mes os orzamentos municipais correspondentes a este ano –o edil de EU votou tamén a favor-, que ascenden a 28,9 millóns de euros. O rexedor local destacou que se trata dun documento elaborado nun marco de “austeridade” e co que se aposta por continuar priorizando ás persoas, tanto no que respecta ás axudas precisas para os máis necesitados como para o mantemento dos servizos que se ofrecen á cidadanía. O documento contable do presente exercicio supón un incremento do 3,18% con respecto ao ano anterior, o que representa 892.312 euros máis que no 2015. Antes de proceder á votación do orzamento realizouse outra na que se rexeitaron as enmendas presentadas polo PP ao documento.
A corporación local de Narón aprobou ademais de xeito inicial por unanimidade a Ordenanza de Transparencia, acceso á información pública, reutilización da información e bo goberno de Narón. O Concello adheriuse no ano 2015 ao acordo marco de colaboración entre a Secretaría de Estado de Administración Pública e a Federación Española de Municipios e Provincias e agora, con este novo paso, regula de xeito integral os principios recollidos no citado acordo adaptándoos ao municipio. Na ordenanza -con 55 artigos agrupados en oito capítulos- contémplanse puntos como un código ético de bo goberno dos representantes políticos municipais –baseado nos criterios de responsabilidade, vontade de servizo público, transparencia, eficacia e dedicación plena ás súas funcións-. O ámbito de aplicación da mesma será tanto para o Concello como para o Padroado da Cultura e a Compañía de Servicios Medioambientais do Atlántico SA (Cosma). Neste punto, os representantes dos diferentes grupos políticos da corporación local destacaron e agradeceron o “impecable traballo” realizado tanto desde os servizos técnicos como xurídicos do Concello á hora de elaborar o documento.
Así mesmo, saíu adiante a creación e amortización de diversas prazas de funcionarios e a modificación puntual de varios postos de traballo, así como a relación de postos de traballo e o plantel de persoal de 2016, cun Plan de ordeación.
Na sesión plenaria deuse luz verde á proposta para nomear un total de 37 camiños da parroquia de San Xiao. A iniciativa partiu dun estudo planimétrico realizado nos camiños e das consultas realizadas á AVV sobre a toponimia que se considerou máis axeitada para proceder aos traballos de rotulación e numeración destes viais.
No apartado de mocións, aprobouse a presentada por EU sobre o pago do IBI pola igrexa católica, para instar ao Estado a revisar e modificar os acordos asinados coa Santa Sede en canto á supresión dos privilexios de que goza a Igrexa Católica e, no suposto de ser modificado nos termos previstos, o Concello realizará un censo municipal cos inmobles propiedade da igrexa e outras confesións relixiosas no termo municipal. A moción contou cos votos favorables de todos os edís da corporación local excepto os cinco do PP.
A moción presentada por ENE sobre a modificación da ordenanza do IBI en relación a inmobles de características especiais rexeitouse –coa abstención do edil de EU e os votos en contra de TEGA, BNG, PSOE e PP- e tamén a presentada polo citado grupo para elaborar un Plan Anual de Estadística sobre a situación socioeconómica do Concello –votaron a favor os concelleiros do PP e en contra o tripartito e o edil de EU-.
Pola vía de urxencia presentouse unha moción asinada por TEGA, PSOE, BNG, ENE e EU en apoio aos oito sindicalistas de Airbus pola derogación do artículo 315.3 do Código Penal, solicitando a retirada dos cargos contra as persoas xulgadas por este artículo e respaldando a defensa do dereito á folga dos traballadores e traballadoras. O texto aprobouse cos votos dos cinco grupos que rubricaron a moción.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal