Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CASE UN MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARON EN 2015 NOS CURSOS FORMATIVOS IMPULSADOS DESDE O CONCELLO
CASE UN MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARON EN 2015 NOS CURSOS FORMATIVOS IMPULSADOS DESDE O CONCELLO
En total impartíronse corenta modalidades de cursos diferentes, cun total de 5.044 horas de formación
Narón, 29 de xaneiro de 2016. Os programas de Formación impulsados desde o Concello de Narón permitiron ofrecer diferentes cursos durante o pasado ano a un total de 927 persoas. Así o indicou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, aludindo aos Cursos do programa municipal “Habilita 2015”, aos de Cemit Rural, á programación Acción Formativa para Desempregados (AFD) e aos programas “Territorio de emprego”- nas edicións 2014/2015 e 2015/2016-, subvencionados estes dous últimos pola Consellería de Traballo e Benestar. En total, resumiu a edil, impartíronse corenta modalidades distintas de cursos –algúns con ata cinco edicións durante o ano- que supuxeron 5.044 horas. “A aposta do goberno local pola Formación queda máis que constatada con estes datos, que veñen a confirmar o apoio que ano tras ano se dá á formación co fin de mellorar os coñecementos do alumnado en diferentes áreas para que estean nas mellores condicións posibles a nivel formativo á hora de optar a un posto de traballo”, subliñou a concelleira.
No marco do programa “Habilita 2015” convocáronse 24 cursos o pasado ano, nas modalidades de Inclusión Tecnolóxica; Ámbito Interprofesional; Innovación e Emprendemento e Iniciación Profesional. “Con este programa municipal pretendemos atender diferentes obxectivos, adaptando o máximo posible a formación ás necesidades e á demanda dos potenciais alumnos e alumnas”, explicou Natalia Hermida.
Na zona rural impartíronse seis cursos sobre informática e redes sociais durante o primeiro semestre do pasado ano, co fin de acercar tamén as novas tecnoloxías aos veciños e veciñas do rural e evitarlles ter que desprazarse á zona urbana para poder asistir a este tipo de cursos.
Ao longo de 2015 tamén se convocaron tres cursos da programación de Acción Formativa para Desempregados (AFD), subvencionados pola Xunta e con certificado de profesionalidade, nesta ocasión, sobre carpintería e atención sociosanitaria. “Trátase dunhas convocatorias moi específicas e que tentaremos ir incrementando co paso do tempo, como demostra o feito de que xa solicitamos á administración autonómica novas homologacións, co fin de poder ofrecer máis certificados de profesionalidade”, apuntou. A edil recordou ao respecto que “o goberno local leva dúas lexislaturas solicitando á Xunta a ampliación dos cursos formativos homologados que se imparten no Concello e lamentablemente só contamos cos tres citados anteriormente, a pesares de que cada ano pedimos entre sete e nove e de que hai Concellos con 10.000 e 15.000 habitantes que teñen nalgúns casos ata cinco homologados pola administración autonómica”.
“Esta oferta formativa complétase cos convenios en vigor o pasado ano cos institutos de As Telleiras, Canido e Leixa, coa cesión de instalacións municipais para realizar cursos e impartindo formación de balde a cambio”, explicou a concelleira. Hermida valorou estes acordos e agradeceu tamén a colaboración de todas aquelas empresas nas que o alumnado realiza as prácticas de determinadas materias, “por contribuír a mellorar os coñecementos dos alumnos e alumnas e nos mellores casos, como xa sucedeu, ofrecerlles un posto de traballo”, indicou.
Os programas integrados para o emprego “Territorio do Emprego”, subvencionados tamén pola Consellería de Traballo e Benestar e solicitados a través da Mancomunidade –para o curso 2014/2015 e 2015/2016-, recordou a edil, permitíronnos ofrecer “orientación, formación e prácticas laborais en empresas durante un ano a un total de 94 persoas desempregadas de Narón a través dun total de sete cursos –tres deles con dúas edicións-.”
Natalia Hermida indicou ademais que o Concello dispón de instalacións como o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e a Aula Cemit de Xuvia para impartir os diferentes cursos, así como do persoal necesario para atender a área de Formación desde a administración local.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal