Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO SUSPENDE O DESFILE DE COMPARSAS DESDE A SOLAINA ATA O PAZO DEBIDO Á ALERTA POR TEMPORAL
O CONCELLO SUSPENDE O DESFILE DE COMPARSAS DESDE A SOLAINA ATA O PAZO DEBIDO Á ALERTA POR TEMPORAL
As dez agrupacións comezarán a actuar esta tarde, a partir das 18.00 horas, no Pazo da Cultura
Narón, 6 de febreiro de 2016. Un total de dez agrupacións participarán hoxe no Festival de Comparsas de Entroido organizado polo Padroado de Cultura de Narón. Entre as formacións participantes están seis de Narón e catro procedentes doutros concellos da comarca, tal e como indicou a vicepresidenta do Padroado da Cultura e edil da área, Marián Ferreiro. A alerta por temporal esta tarde levou ao Concello a suspender o desfile previsto desde a Praza da Constitución, na Solaina ata o Pazo da Cultura, mantendo o Festival de Comparsas programado a partir das 18.00 horas no Pazo.
Do termo municipal naronés estarán presentes as comparsas: Tróupele, Tróupele, da Gándara; Argalleiros, tamén da Gándara; Os Colludos, do Alto do Castiñeiro; Semente de Trasancos, de San Mateo de Trasancos; Os Parrandolos, de Piñeiros e Os nenos de Lola, da Solaina. Sumaránse a esta cita festiva procedentes doutros concellos as agrupacións: A Revolta, de Ferrol; Os Trastos, de Valdoviño; A Canteira, de Neda e Xente de aquí e de acolá, de Pontedeume. As actuacións que se sucederán no Pazo terán unha duración máxima de dez minutos por comparsa e tratarán temas relacionados coa localidade. As tres mellor clasificadas –trala valoración do xurado das letras, dos disfraces e a calidade musical, entre outros baremos- recibirán como premio unha figura de Entroido.
No que respecta ao apartado económico, as agrupacións de Narón recibirán 600 euros en concepto de axuda, e as doutros concellos 300. A maiores destas contías, aquelas que participen no programa de dinamización do Entroido programado nos establecementos comerciais e hostaleiros da localidade, que tivo lugar o día 4 e continuará hoxe despois da convocatoria do Pazo, recibirán 100 euros por día, ata un máximo de 200, tal e como recordou a edil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal