Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA DISPÓN DUN CIRCUÍTO VITA ONDE PODER REALIZAR DIFERENTES ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE
En total instaláronse quince elementos de madeira que supuxeron ás arcas locais un desembolso de 8.399,99 euros
Narón, 2 de febreiro de 2016. O paseo marítimo de Xuvia dispón dun Circuíto Vita, executado con cargo aos orzamentos de 2015, e destinado á práctica do deporte ao aire libre. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que se elixiu unha zona próxima ao parque infantil alí ubicado, para proceder á instalación dun total de quince elementos nos que se poden facer diferentes exercicios. A empresa Arce foi a adxudicataria dos traballos, que supuxeron ao goberno local un investimento de 8.399,99 euros. Os concelleiros de Servizos e Deportes, Ibán Santalla e Román Romero, respectivamente, e a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, desprazáronse ata o paseo de Xuvia para comprobar os resultados desta intervención. Os elementos, construídos en madeira –un acabado natural acorde co entorno-, dispoñen dun pequeño panel informativo cun debuxo no que se explica o fin de cada un deles. Os usuarios e usuarias poderán realizar prácticas deportivas en barras fixas e facer exercicios como abdominais, sentadillas, lumbares, flexións e salto de altura, entre outras múltiples posibilidades que ofrecen os novos elementos instalados en Xuvia. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, valorou a actuación realizada, en canto que, dixo, “permite ofrecer novas actividades á veciñanza para desenvolver ao aire libre nunha ampla zona verde como é o paseo de Xuvia, con áreas de xogo e exercicio para persoas de diferentes idades”. O Circuíto Vita do paseo de Xuvia súmase ao parque biosaudable alí ubicado desde hai varios anos e tamén aos diferentes elementos de xogo colocados para os nenos e nenas. O de Xuvia é o segundo Circuíto Vita instalado no termo municipal naronés, ao localizarse outro no Couto, nas inmediacións do local social da Picota, tal e como recordou o edil de Servizos. O concelleiro naronés asegurou que o goberno local ten previsto continuar apostando por ampliar a oferta lúdica e deportiva en Xuvia, coa construción dunha pista multideporte na que se poderán realizar diversas actividades. O termo municipal de Narón dispón de 79 novas zonas axardinadas, o que representa unha superficie total de 278.574 metros cadrados. O investimento realizado nos últimos catro anos nesta área ascendeu a 105.976,22 euros, unha cantidade que permitiu realizar traballos como o axardinamento e o parque infantil en Gándara Park (na Gándara); o axardinamento das rúas Italia, Virxe de Covadonga, acceso á autopista e o novo local social da Solaina (no Alto, A Solaina e Freixeiro); a dotación de zonas verdes en Finca Permuy (Solaina), na pista polideportiva da Solaina e na Finca de Arzúa (Solaina) e outras como a dotación de zonas verdes en Armada Española (Solaina), a dotación de céspede artificial na Cachaza (Piñeiros) e dunha zona verde en Finca Federica (na Solaina). Unhas das últimas actuacións levadas a cabo o pasado ano foron o axardinamento da parcela a carón da rúa Clara Campoamor, cunha superficie de 2.050 metros cadrados e un investimento de 9.700 euros e o realizado nas viviendas para mozos -ó carón da rúa Álvaro Cunqueiro- de 650 metros cadrados, o que supuxo un desembolso de 6.692,63 euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal