Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS COMPARSAS DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA HOSTALERÍA E DO COMERCIO LOCAL CON MOTIVO DO ENTROIDO
AS COMPARSAS DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA HOSTALERÍA E DO COMERCIO LOCAL CON MOTIVO DO ENTROIDO
Os días 4 e 6 de febreiro as agrupacións amenizarán as tardes en diferentes establecementos
Narón, 3 de febreiro de 2016. Cinco das seis agrupacións de Narón que participarán este sábado, día 6, no Festival de Comparsas de Entroido organizado polo Concello amenizarán o día 4 pola tarde establecementos hostaleiros e comerciais da localidade coas súas satíricas letras e vestimentas típicas destas datas. As agrupacións Troupele, Troupele e Argalleiros –as dúas da Gándara-; Os Colludos, do Alto do Castiñeiro; Os Parrandolos, de Piñeiros e Os nenos de Lola, da Solaina, percorrerán a partir das 19.30 horas os dezaoito locais de hostalería adheridos á iniciativa de Tapas de Entroido, enmarcada no programa Narón Gastronómico e outros establecementos do sector comercial. Na programación de Entroido deseñada polo Concello colaboran as Concellerías de Cultura, Promoción Económica e Festas, dirixidas polos edís, Marián Ferreiro, Pablo Villamar e Mar Gómez, respectivamente.
A programación de Entroido continuará o día 6, coa concentración de comparsas –as seis de Narón e catro doutros concellos da comarca (A Revolta, de Ferrol; Os Trastos, de Valdoviño; A Canteira, de Neda e Xente de aquí e de acolá, de Pontedeume)- na Praza da Constitución, na Solaina, ás 17.00 horas. Desde alí partirán a pé cara ao Pazo da Cultura, onde ás 18.00 horas comezará o Festival de Comparsas de Entroido. Será tras esta cita festiva, na que se premiará ás tres mellores formacións, cando as comparsas de Narón –nesta ocasión estará tamén Semente de Trasancos, de San Mateo de Trasancos- regresen aos locais de hostalería adheridos á convocatoria e aos comerciais para amenizar a xornada.
As agrupacións locais que participan no programa de dinamización hostaleira e do comercio percibirán unha achega económica de 100 euros por día de participación, ata un máximo de 200 euros. Así mesmo, o Padroado da Cultura fai unha aportación de 600 euros ás comparsas do municipio e 300 ás de fóra da localidade.
Será tamén o día 4 cando dé comezo o Concurso de Tapas de Entroido, que se prolongará ata o día 10 de febreiro e no que participan dezaoito establecementos de hostalería. Entre as 13.00 e as 15.30 horas e desde as 20.00 ata as 22.30 horas os locais servirán de balde tapas de Entroido e de Libre creación coas consumicións.
O Concello colabora ademais coa AVV Altea, de Xuvia, na Festa Infantil de disfraces que o vindeiro venres, día 5, se celebrará na praza do colexio de Xuvia e que comezará ás 17.00 horas. A convocatoria estará amenizada pola empresa La Guagua.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal