Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A PRIMEIRA XUNTANZA FORMATIVA SOBRE TRANSPARENCIA
Á convocatoria asistiron representantes das xefaturas de diferentes departamentos municipais
Narón, 5 de febreiro de 2016. O salón de plenos municipal acolleu esta mañá, ás 11.00 horas, unha primeira xuntanza formativa do persoal do Concello de Narón en materia de Transparencia. O Secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado, reuniuse coas xefaturas dos diferentes departamentos e servizos municipais para explicar o contido da ordenanza e os procedementos a seguir, así como para determinar qué persoas serán publicadoras e editoras das diferentes informacións a subministrar baixo a dependencia de responsables técnicos e funcionais no ámbito. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a Ordenanza de Transparencia, Acceso á Información Pública, Reutilización da Información e Bo Goberno do Concello de Narón, que permanecerá un mes a exposición pública. A corporación local aprobou por unanimidade este documento, co fin de cumprimentar a totalidade das previsións da lei nesta materia. Os responsables funcionariais municipais prevén que no prazo dun trimestre o Concello de Narón remate os pasos necesarios para atender prácticamente o íntegro acomodo a esa normativa. Os primeiros avances ao respecto tiveron lugar hai varios anos. Aínda que a entrada en vigor para as entidades locais tivo lugar en decembro de 2015 o Concello de Narón, como algúns outros, ao longo dos dous últimos anos foi quen de dar cumprimento parcial a esa normativa coa inclusión na súa sede electrónica de boa parte da información cuxa publicación resulta agora esixible e obrigatoria. Así mesmo, cabe recordar que pola Xunta de Goberno se acordou a adhesión do Concello a un convenio coa administración estatal cuxa finalidade é que a información relativa á transparencia apareza reflectida e publicada nunha páxina web do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Este instrumento estrutúrase sobre a base dunha información institucional, económica e normativa e demandará unha cantidade inxente de traballo das diferentes unidades e funcionarios do Concello. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, agradeceu de antemán esa labor que realizará o persoal e recordou que este traballo responde tamén ao propósito de anticiparse á entrada en vigor, a finais de ano, da nova Lei de Procedemento Administrativo, que prevé o establecemento xeralizado da administración electrónica. Nas vindeiras semanas representantes dos diferentes departamentos municipais asistirán a sesións formativas específicas para definir con detalle as funcións que corresponderán ao persoal municipal según o departamento no que desenvolvan o seu traballo. Desde a publicación da Lei 19/2013 de Transparencia Acceso á Información Pública, Reutilización da Información e Bo Goberno as distintas administración avanzaron na adecuación das súas estructuras á crecente demanda da cidadanía, que esixe dos seus representantes políticos exemplaridade na súa conduta e tamén máis participación cidadá.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal