Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
TRÓUPELE, TRÓUPELE GAÑA O CONCURSO DE COMPARSAS CELEBRADO NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN
TRÓUPELE, TRÓUPELE GAÑA O CONCURSO DE COMPARSAS CELEBRADO NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN
A formación naronesa, da Gándara, conseguíu o primeiro premio, seguida das agrupacións A Canteira, de Neda, e Semente de Trasancos, de San Mateo
Narón, 6 de febreiro de 2016. O Pazo da Cultura acolleu o tradicional Concurso de Comparsas organizado polo Padroado de Cultura de Narón, cuxa vicepresidenta é a edil Marián Ferreiro. O xurado que valorou as actuacións das dez agrupacións, seis da localidade naronesa e catro procedentes doutros concellos, concedeu o primeiro premio a Tróupele, Tróupele, de Narón, se ben, o segundo e o terceiro recaeron nas comparsas A Canteira, de Neda, e Semente de Trasancos, de Narón. O agasallo que recibiron foi unha figura do Entroido –unha máscara artesá-, a maiores da dotación económica pola súa participación, de 600 euros para as comparsas de Narón e 300 para as de fóra do municipio. Os encargados de entregar os premios foron a vicepresidenta do Padroado e alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro; o xerente do Teatro Colón da Coruña, Valentín Rodríguez, e Rosi Caneiro, en representación da empresa Tedaga.
Os integrantes das formacións Tróupele,Tróupele, da Gándara; Argalleiros, tamén da Gándara; Os Colludos, do Alto do Castiñeiro; Semente de Trasancos, de San Mateo de Trasancos; Os Parrandolos, de Piñeiros; Os nenos de Lola, da Solaina; A Revolta, de Ferrol; Os Trastos, de Valdoviño; A Canteira, de Neda e Xente de aquí e de acolá, de Pontedeume, comezaron a actuar a partir das seis da tarde no Pazo, onde se deron cita veciños e veciñas para gozar coas satíricas letras das cancións destas comparsas. As relacións dos concellos de Ferrol e Narón, as políticas do PP en Madrid, os investimentos a realizar na localidade, o pasado e o futuro da corporación local e o saneamento da ría foron algúns dos asuntos que centraron as animadas letras das cancións que, durante uns dez minutos, interpretaban sobre o escenario os integrantes das diferentes comparsas. O festival prolongouse durante algo máis de dúas horas.
A alcaldesa en funcións de Narón, Marián Ferreiro, agradeceu a participación das dez comparsas neste festival organizado na localidade e tamén o respaldo -coa súa asistencia- da veciñanza a este acto, “co que desde o Concello quixemos celebrar un ano máis estas datas de Entroido, amenizando unha xornada da que poder gozar tanto as persoas maiores como os nenos e nenas, ataviados cos seus disfraces para ambientar esta festividade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal