Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
FREMAP ENTREGA 4.771 EUROS AO CONCELLO EN CONCEPTO DA BAIXA SINISTRALIDADE LABORAL REXISTRADA DURANTE O ANO 2014
FREMAP ENTREGA 4.771 EUROS AO CONCELLO EN CONCEPTO DA BAIXA SINISTRALIDADE LABORAL REXISTRADA DURANTE O ANO 2014
A administración local recibiu entre 2010 e 2014 un total de 21.094,86 euros polo citado concepto
Narón, 8 de febreiro de 2016. A Dirección Xeral da Seguridade Social emitiu unha resolución estimatoria (en base ao Real Decreto 404/2010 de 31 de marzo) autorizando o abono ao Concello de Narón dunha partida de 4.771,7 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2014. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho ao director da mutua Fremap, Juan Pablo del Río, a Isabel María Díaz, tamén en representación da citada compañía, e ao encargado de Seguridade e Saúde Laboral do Concello e responsable da área de Prevención, David Corral, para abordar parte do traballo realizado desde a administración local nesta área nos últimos anos.
Esta aportación económica súmase ás recibidas polo Concello naronés polo mesmo concepto nas anualidades correspondentes a 2010 -2.148,42 euros-; 2011 -4.660,52 euros-; 2012 -4.690,21 euros- e 2013 -4.824,01 euros- que, sumandos á citada contía de 2014 suman un total de 21.094,86 euros nun período de cinco anos.
A administración local tivo que cumprir unha serie de requisitos para poder recibir estas partidas. Entre os mesmos figuran, entre outros, o feito de realizar actividades preventivas en materia de riscos laborais; nomear a un responsable de prevención na área; realizar actividades de prevención e accións formativas dirixidas ao plantel do Concello e garantir a vixilancia da saúde a todos os traballadores e traballadoras. Así mesmo, tamén se tiveron en conta cuestións como a existencia de delegados de prevención e dun Comité de Seguridade e Saúde Laboral, organismo este último que se constituíu no ano 2005 no Concello e do que forman parte tres representantes políticos municipais –os edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Ibán Santalla- e tres funcionarios – Xosé Henrique Calvo, María José González e Manuel Bello-.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal