Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRAZAS VACANTES NOS CURSOS DE "CEMIT RURAL 2016" NAS PARROQUIAS DE SAN XIAO E PEDROSO
As sesións de informática diríxense a persoas maiores e convócanse en grupos reducidos para ofrecer unha formación máis persoalizada
Narón, 9 de febreiro de 2016. O programa “Cemit Rural 2016”, con cursos gratuítos de informática nos locais sociais, dispón dalgunhas prazas vacantes en San Xiao e Pedroso. As persoas interesadas en anotarse no “Curso de Habilidades dixitais básicas” que se desenvolverá a partir dos vindeiros días nestas parroquias poden anotarse nos locais sociais. Así o anunciou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que recordou que esta convocatoria se dirixe a persoas adultas e se organiza con grupos reducidos para así poder ofrecer unha formación máis personalizada. A edil recordou que tamén poden anotarse veciños e veciñas que residan na zona urbana e con posibilidade de desprazarse ata os locais de San Xiao e Pedroso nos que se impartirán as clases. O curso comezará en San Xiao o xoves día 11, e rematará o 10 de maio. As clases serán os martes e xoves de 18.00 a 21.00 horas. No caso de Pedroso as sesións, que se desenvolverán no local social da Pombiña, serán os martes, xoves e venres en horario de 17.30 a 20.00. En principio formaranse grupos dun máximo de dez persoas, aínda que poderán ser máis no caso de que os interesados dispoñan dun ordenador portátil que poidan levar ás clases. O programa “Cemit Rural 2016” desenvólvese tamén nos locais sociais de San Mateo, Doso, Castro e O Val.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es