Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIA EN FREIXEIRO AS REUNIÓNS DOS CONSELLOS TERRITORIAIS
O CONCELLO INICIA EN FREIXEIRO AS REUNIÓNS DOS CONSELLOS TERRITORIAIS
As xuntanzas diríxense ás entidades do municipio e iranse desenvolvendo por tódolos barrios e parroquias nas vindeiras semanas
Narón, 13 de febreiro de 2016. O local da Asociación de Veciños Virxe de Fátima, de Freixeiro, acolle o día 15 de febreiro a primeira das reunións dos Consellos Territoriais programadas pola Concellería de Participación Cidadá, á fronte da que está a edil Catalina García. A xuntanza terá lugar a partir das 17.00 horas e á mesma están convocadas todas as entidades do citado barrio –inscritas ou non- e tamén os representantes dos grupos políticos municipais nomeados para os citados Consellos Territoriais. A concelleira Catalina García subliñou a importancia de que as asociacións acudan a estas convocatorias, “nas que teremos a oportunidade de analizar o traballo que cada unha delas desenvolve na súa zona, así como, a partir do mesmo, estudar posibles actuacións a levar a cabo desde o Concello en función das necesidades de cada parroquia e de cada barrio da localidade, co fin de avanzar nas propostas de zona”.
As reunións dos Consellos Territoriais, que terán unha duración aproximada dunhas dúas horas, continuarán desenvolvéndose nas vindeiras semanas. A edil de Participación Cidadá avanzou que as seguintes xuntanzas xa convocadas terán lugar no local social de San Mateo o 22 de febreiro, ás 18.00 horas; na AVV do Alto, o 24 deste mes ás 17.30 horas; na AVV Ceibe San Xiao o 2 de marzo ás 17.00 horas; no local social de Castro o 3 de marzo –a hora está pendente de concretar- e na AVV do Couto o 14 de marzo ás 17.30 horas. Nos vindeiros días procederase a convocar as reunións pendentes ata completar os catorce Consellos Territoriais de zona, tal e como explicou a edil naronesa.
Unha vez realizadas estas xuntanzas, persoal técnico do Concello encargarase de estudar a viabilidade das propostas plantexadas polas diferentes entidades. Estas reunións terán continuidade con outras a celebrar, previsiblemente, despois do verán, e nas que xa se avanzará sobre as posibilidades de materializar as intervencións plantexadas e onde se concretarán as prioridades co fin de elaborar un informe específico de cada un dos barrios, tal e como indicou García.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal