Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A MESA DE CONTRATACIÓN PROPÓN ADXUDICAR Á EMPRESA VILA MIÑO CONSTRUCCIONES AS OBRAS DO CENTRO DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL DE PEDROSO
A compañía, que presentou unha baixa económica de 90.706,41 euros sobre o orzamento de licitación, foi a mellor puntuada das quince que se presentaron ao concurso
Narón, 16 de febreiro de 2016. A oferta presentada pola empresa Vila Miño Construcciones para a execución das obras de construción do Centro de Dinamización Sociocultural de Pedroso –que se localizará na antiga reitoral da parroquia-, resultou a mellor valorada na Mesa de Contratación, que propuxo a adxudicación dos traballos á citada compañía. Ao concurso convocado desde o Concello presentáronse un total de quince empresas, tal e como recordou o alcalde, José Manuel Blanco. A actuación licitouse en 360.948,69 euros pero executarase por un importe de 270.242,28 euros, ao presentar a empresa unha baixa de 90.706,41 euros no apartado económico. O rexedor local valorou o remate do proceso de adxudicación desta intervención, que representa, recordou, “un compromiso adquirido no seu día cos veciños e veciñas de Pedroso e que este mesmo ano permitirá que dispoñan dun espazo en condicións para desenvolver actividades e como lugar de encontro”. A intervención consistirá no acondicionamento da planta baixa, onde se habilitarán unha cafetería e unha cociña e no primeiro andar ubicaranse dous locais que ocuparán asociacións de Pedroso. Co fin de que a nova construción –a existente ten 284,42 metros cadrados útiles- se adapte á tipoloxía da zona procederase a demoler a segunda planta. Así mesmo, tal e como figura no proxecto da obra, o baixocuberta reservarase como arquivo e tamén terá outras funcións. Nos laterais da actual edificación construiranse dous bloques anexos –un en cada lateral- que albergarán os accesos (escaleiras e ascensor) e tamén oficinas, aseos, unha sala multiusos, un cuarto para as instalacións e un almacén. A empresa Vila Miño acometerá varias melloras na calidade do material a utilizar en estancias do interior do edificio, no da zona de estacionamento e no illamento das cubertas e da fachada, tal e como figura na proposta presentada no proceso de licitación. O prazo de execución dos traballos é de oito meses, un período que comezará a contar cando se rubrique o pertinente contrato, unha vez que a empresa achegue a documentación requerida neste tipo de procedementos. No exterior da construción procederase a acondicionar a parcela, duns 800 metros cadrados, e que poderá utilizarse para usos lúdicos e festivos. Os traballos do Centro de Dinamización Sociocultural de Pedroso estarán cofinanciados pola Deputación da Coruña, que aportará o 80% do investimento previsto, se ben o 20% restante procederá das arcas locais. “Con este tipo de actuacións o goberno local continúa apostando por mellorar a calidade de vida da veciñanza, neste caso das persoas que residen no rural, para que poidan gozar dos mesmos servizos que na zona urbana e contar cun espazo no que que desenvolver as actividades que programan ao longo do ano”, asegurou Blanco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal