Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA CONCERLÍRICA REPRESENTARÁ A ÓPERA "CARMEN" NO PAZO DA CULTURA
A COMPAÑÍA CONCERLÍRICA REPRESENTARÁ A ÓPERA
O espectáculo terá lugar o sábado, día 20 de febreiro, a partir das 20.00 horas
Narón, 18 de febreiro de 2016. O espectáculo de ópera “Carmen”, con música de Georges Bizet, chega este sábado ao Pazo da Cultura da man da compañía Concerlírica. A cita será a partir das 20.00 horas e terá unha duración de case tres horas e media. Trátase dun drama de amor e celos protagonizado por Carmen, unha fermosa muller de raza xitana e forte temperamento que vivirá historias de amor e celos con tres homes – o cabo Don José, o tenente Zúñiga e un famoso toureiro da época, Escamillo- que rematarán cun tráxico final. A peza está ambientada na cidade de Sevilla e os seus arredores no ano 1820.
A obra, baseada nunha novela de Prosper Merimée divídese en catro actos, nos que os diferentes personaxes –militares, xitanos, contrabandistas, xente da rúa, un taberneiro…- irán entrando en escena a medida que se desenvolve a historia.
O prezo das entradas é de 28 euros para o público en xeral e de 19,60 para os abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Poden adquirirse de xeito anticipado ou o propio día do espectáculo na taquilla do Pazo da Cultura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal