Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AULA CEMIT DE XUVIA ACOLLERÁ UN SEMINARIO SOBRE "MARCA PERSOAL E IDENTIDADE DIXITAL"
A convocatoria, que será por videoconferencia, terá lugar o 25 de febreiro e as persoas interesadas en asistir deben anotarse a través da páxina: cdtic.xunta.es
Narón, 18 de febreiro de 2016. A Aula Cemit de Xuvia acollerá o día 25 de febreiro un seminario sobre “Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego” que impartirá Xosé Alberte Cea a través dunha videoconferencia, tal e como anunciou a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida. A convocatoria terá unha duración de tres horas –de 17.00 a 20.00- e diríxese a responsables e profesionais de Recursos Humáns e a persoas que consideren que o talento é un elemento clave na súa actividade profesional ou na da súa organización, tal e como indican os responsables da convocatoria. A iniciativa está organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e para participar na mesma é necesario inscribirse, de balde, a través da páxina: cdtic.xunta.es. O programa a desenvolver durante a convocatoria abordará temas como: “A Marca persoal e a identidade dixital”; “O inicio da identidade profesional na rede: o papel do correo electrónico”; “Ferramentas para o posicionamento profesional na rede” e “O employer branding como estratexia competitiva: o papel da diversidade nun mundo global co coñecemento no centro da actividade económica”. A videoconferencia emitirase, ademáis de na Aula Cemit de Narón, nas de A Cañiza, Castro Caldelas, Celanova, Fisterra, Leiro, Ortigueira, San Sadurniño e Vilanova de Arousa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal