Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SOLICITADOS MÁIS DE 5 MILLÓNS DE EUROS DOS FONDOS FEDER PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA E O AFORRO ENERXÉTICO
SOLICITADOS MÁIS DE 5 MILLÓNS DE EUROS DOS FONDOS FEDER PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA E O AFORRO ENERXÉTICO
O Concello instalará placas de enerxía solar e fotovoltaica nos principais edificios públicos, para racionalizar o consumo de enerxía eléctrica.
Narón, 15de Febreiro de 2008.- O Concello de Narón ven de solicitar unha achega do Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para as anualidades 2008-2009. O coste total do proxecto que se detalla a continuación ascende a 7.425.606,51 euros, dos cales a Unión Europea aportaría o 70% e o Concello de Narón contribuiría co 30% restante.

Segundo figura no programa de desenvolvemento local elaborado polo Concello de Narón, na anualidade 2008 se executarían 5.960.932,82 € (dos cales, a participación do Feder sería de 4.172.674,68€ e o Concello aportaría 1.788.289,15€) e na anualidade 2009 se habilitaría o restante, que ascende a 1.464.642,69€ nas condicións detalladas anteriormente.

O Concello pretende con estas subvencións, acordadas onte en Xunta Local de Goberno, “mellorar a calidade de vida e o aforro enerxético”, segundo explicou o Concelleiro de Xestión Presupostaria, Jose Manuel Blanco. Algunhas destas actuacións son a instalación de placas de enerxía fotovoltaica e enerxía solar térmica en distintos edificios públicos coma a Casa do Concello, o Centro de Formación para o Emprego, e o edificio da Policía Local e de Servizos. Tamén se inclúen neste apartado o Pazo da Cultura, actualmente en construcción, e a instalación de redes inalámbricas en zonas rurais.

Ademáis, o programa de desenvolvemento local proxecta a supresión de varios pasos a nivel de FEVE, a a construcción dun pabellón polideportivo cuberto en Santa Icía. Ambas actuacións contan xa coas correspondentes partidas nos Orzamentos Municipais do 2008.

Pola súa banda, o Concelleiro de Servizos Complementarios, Serafín González, expresou o seu desexo de que “se concedan estas achegas, porque o Concello de Narón cumple as condicións para acceder a este tipo de achegas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal