Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ACTORES JAVIER GUTIÉRREZ, LUIS BERMEJO E GUILLERMO TOLEDO REPRESENTARÁN A OBRA "EL REY" NO PAZO DA CULTURA
OS ACTORES JAVIER GUTIÉRREZ, LUIS BERMEJO E GUILLERMO TOLEDO REPRESENTARÁN A OBRA
Esta comedia é a quinta produción da compañía Teatro del Barrio e as funcións terán lugar os días 26 e 27 de febreiro pola tarde
Narón, 25 de febreiro de 2016. A quinta produción da compañía Teatro del Barrio chegará mañá a Narón. O Pazo da Cultura acollerá os días 26 e 27 a representación de “El Rey”, unha comedia escrita por Alberto San Juan, e cun elenco do que formarán parte Javier Gutiérrez, Luis Bermejo e Guillermo Toledo. A obra poderase ver mañá, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura e tamén o sábado, día 27, a partir das 20.00.
“El Rey” é unha obra protagonizada por Juan Carlos I e durante os 90 minutos de duración da mesma os actores interpretarán personaxes como Felipe González, Francisco Franco e Adolfo Suárez, entre outros, para relatar algúns dos sucesos máis importantes rexistrados en diferentes épocas da historia de España. Temas como o 23-F, os GAL ou a guerra do Golfo abordaranse durante este espectáculo.
O prezo das entradas para ver esta obra é de 12 euros para o público en xeral e 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Para obter máis información ou realizar reservas das localidades pódese chamar ao número de teléfono 981 102 897 ou escribir un correo electrónico a: taquilla.pazo@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal