Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO REDUCIRÁ A DÉBEDA BANCARIA CON CARGO A UN PRÉSTAMO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O CONCELLO REDUCIRÁ A DÉBEDA BANCARIA CON CARGO A UN PRÉSTAMO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A cantidade destinada a aminorar a débeda é de 456.000 euros, o que representa o 84,5% da partida asignada ao municipio con cargo ao préstamo provincial
Narón, 26 de febreiro de 2016. O Concello de Narón reducirá a súa débeda bancaria en máis de 456.000 euros grazas a un préstamo concedido pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016. As condicións do crédito –sen xuros, dous anos de carencia e un prazo de devolución de dez anos- foron determinantes para que o goberno local decidira investir esa cantidade, que é o 84,5% da partida total asignada a Narón, na minoración do endebedamento existente, que era, a 31 de decembro do ano pasado, de 6,4 millóns de euros.
A redución da débeda financeira é unha constante nos últimos anos. No seu comezo chegou a superar os 12 millóns de euros, debido aos créditos que foi necesario solicitar para cubrir a parte de investimento municipal necesaria para cofinanciar os proxectos realizados con cargo ás axudas do Plan Feder 2007-2013. Agora, co crédito concedido pola Deputación, baixa, por vez primeira en moitos anos, dos 6 millóns logo de atravesar unha época moi dura pola persistencia da crise económica. O concelleiro de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, incidiu en que “a situación económica do Concello é razoablemente boa, mais non esquecemos que hai familias que o seguen a pasar mal”. O destino destes cartos para reducir débeda é, dixo, “bo para o Concello a curto, medio e longo prazo, pois aforramos moitos xuros e, dese xeito, cun programa de devolución flexíble como o que nos permite o PAI, seguiremos avanzando no saneamento das contas”. Villamar quixo subliñar o cambio que está a experimentar a Deputación co cambio no goberno provincial, “que ten con nós un trato moito máis xusto ca o anterior”.
Ademais da redución de débeda, o Concello destinará 83.700 euros a investimentos, en concreto, á instalación de minipistas polideportivas nos parques da Gándara e Santa Tecla.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal