Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ELABORA UN PLAN EXPERIMENTAL DE EMPREGO PARA 100 BENEFICIARIOS
O orzamento total do proxecto supera os 200.000 €, e o Concello agarda a implicación da Xunta de Galicia nesta iniciativa.
Narón, 15 de Febreiro de 2008.- O Concello de Narón solicitará dous subvencións á Xunta de Galicia, para o Plan Experimental de Emprego 2008-2009 e para Programas de Cooperación 2008, tal e como se acordou na Xunta de Goberno Local celebrada onte. No primeiro caso, o “Plan Experimental de Emprego 2008/2009: Interactua” está dirixido á búsqueda de nichos de emprego para persoas con dificultades de inserción laboral, fundamentalmente mulleres maiores de 45 anos (o 70% das participantes), discapacitados (o 15% das participantes) e perceptores da Renta de Integración Social –RISGA_ (15% das participantes). O número total de destinatarios é de 100 persoas, e o orzamento total do proxecto ascende a 235.498,40€. Segundo explicou a Concelleira de Emprego de Narón, Paloma González Cuevas, a maior parte desta cantidade (192.340,66 €) solicitarase á Xunta de Galicia, ó amparo da Orde do 5 de decembro de 2007 pola que se conceden subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas experimentais. A aportación municipal para este proxecto ascende a 43.157,74 €. A Edil engadiu que o Plan Experimental de Emprego, cunha duración de 12 meses, implicará a contratación de 4 profesionais para orientar ós 100 beneficiarios na búsqueda do emprego máis axeitado ás súas posibilidades. Trátase de 2 diplomados universitarios a xornada completa, outro diplomado a media xornada, e 1 administrativo. Os beneficiarios do programa –que se desenvolverá na nave de formación Irmás Froilaz- terán axudas de desprazamento así coma formación laboral. O Concello márcase o obxectivo de obter, ó término do programa, un alto gradol de inserción laboral dos participantes no mesmo. Entre as acción a desenvolver polo Plan Experimental de Emprego, figura a formación e asesoramento para a empregabilidade, a presentación do catálogo de perfís entre o tecido empresarial establecendo acordos de colaboración, e a formación e asesoramento para o autoemprego. Pero ademáis, o Concello acordou solicitar outra subvención á Xunta ó abeiro do Plan de Cooperación 2008, dotado cun orzamento total de 1.069.776,09€. Deste presuposto, solicitarase á Consellería de Traballo da Xunta 662.104,23€ e os 407.671,86€ restantes os aportará o Concello de Narón. Nos Programas de Cooperación 2008 inclúense –por orden de prioridade- as seguintes actuacións: proxecto Asiaces (de asistencia á comunidade), conservación de espazos naturais e lugares de interese comunitario, reparación de beirarrúas e de pistas polideportivas e edificios municipais, obras de mellora en alumeado en viais, prazas e espacios públicos, servizos turísticos, proxectos de acción comunitaria, servizos culturais e animación sociocultural, e protección civil. Nesta iniciativa están implicadas distintas concellerías, coma as de Obras, Servizos, Medioambiente, o Servizo Sociocomunitario, e Turismo. A duración estimada do programa oscila entre os 6 e os 12 meses, e está coordinada pola concellería de Formación Laboral e Emprego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal