Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, e una arquitecta do IGVS informarán aos asistentes á convocatoria, que terá lugar o 3 de marzo
Narón, 1 de marzo de 2016. O baixo da Biblioteca Municipal acollerá o día 3 de marzo a xornada informativa “Vivendas do Camiño”, sobre as subvencións impulsadas pola Consellería de Infraestruturas –a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)- e coa colaboración do Ministerio de Fomento para rehabilitar vivendas e edificios localizados nos tramos dos Camiños de Santiago. Á xuntanza, que comezará ás 20.00 horas, asistirán a arquitecta Ana Díaz, en representación do IGVS e o concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos.
As axudas enmárcanse no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas (Plan estatal 2013-2016), que no municipio afecta a inmobles localizados nas parroquias da Gándara, O Couto, Freixeiro, Piñeiros e Xuvia. Contémplanse subvencións para obras de mantemento co fin de adecuar os edificios á normativa vixente; para mellora da eficiencia enerxética e das condicións de accesibilidade. O importe das mesmas non poderá exceder do 35% do custe subvencionable da actuación e está limitado a 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.
No transcurso da xuntanza que terá lugar na Biblioteca municipal os asistentes recibirán información máis detallada sobre a finalidade das axudas, cuxo plazo de solicitude está aberto, e tamén sobre os requisitos para poder acceder ás mesmas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal