Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "CONTA CON NARÓN" CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NO MUNICIPIO
O VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL
Os participantes nesta edición son Nelson Calderón (Colombia), Boniface Ofogo (Camerún), Quico Cadaval (Galicia) e Paula Carballeira (Galicia)
Narón, 1 de marzo de 2016. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, anunciou a celebración, a partir do día 3 de marzo, da sétima edición do Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón”. Na convocatoria participarán este ano como convidados Nelson Calderón (Colombia), Boniface Ofogo (Camerún), Quico Cadaval (Galicia) e Paula Carballeira (Galicia), que protagonizarán sesións independentes e unha “Contada Colectiva” o venres, día 4, no auditorio municipal de Narón a partir das 20.30 horas. A edil de Cultura recordou que “esta convocatoria nace como extensión do Festival da vila de Agüimes (Gran Canaria), que comezou o pasado 22 de febreiro e remata o 2 de marzo”. A entrada para asistir á “Contada Colectiva” ten un prezo de 7,50 euros para o público en xeral e é gratuíta para os abonados, se ben os acompañantes destes últimos, un máximo de dúas persoas, pagarán cinco euros por cada localidade.
O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá este xoves a inauguración do Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón”, a partir das 20.30 horas, co espectáculo de Nelson Calderón. Na xornada do venres terá lugar a “Contada colectiva” dos catro convidados e o sábado haberá dúas “Contadas Infantís”, coa participación de Boniface Ofogo e de Paula Carballeira.
O festival chegará tamén ás aulas dos CEIP da Gándara, A Solaina e do CPI O Feal. Os narradores Nelson Calderón e Paula Carballeira estarán o venres cos alumnos de quinto e sexto curso de educación Primaria dos colexios da Gándara e A Solaina, respectivamente, e Quico Cadaval desprazarase ao CPI O Feal, onde estará con alumnos de terceiro curso.
A cita final do programa terá lugar o sábado, con dúas “Contadas Infantís” que comezarán ás 12.00 horas. Os protagonistas serán nesta ocasión Boniface Ofogo, que estará no Centro Cívico Social de Xuvia, e Paula Carballeira, na Biblioteca Municipal do Alto.
A concelleira de Cultura explicou que con esta iniciativa se aposta un ano máis por “achegar á cidadanía novas propostas de artes escénicas, que permitan interactuar neste caso aos narradores co público e que se realizan fóra dos espazos escénicos habituais”. Marián Ferreiro destacou a calidade dos artistas convidados e animou á veciñanza a acudir a estas convocatorias “nas que a través dos protagonistas teremos a oportunidade de escoitar historias moi variadas e dirixidas tanto aos adultos como ao público infantil”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal