Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHA DAS FASES DE ZONA DO CLUB DE DEBATE CELEBRARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL
UNHA DAS FASES DE ZONA DO CLUB DE DEBATE CELEBRARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL
A convocatoria, na que participarán o colexio do Feal (Narón ) e outros dous centros de Ferrol e un de Carballo, terá lugar o 5 de marzo a partir das 9.30 horas
Narón, 2 de marzo de 2016. O auditorio municipal acollerá o día 5 de marzo unha Fase de zona do Club de Debate, en cuxa quinta edición participan once concellos galegos, entre eles Narón, que se sumou este ano por primeira vez a esta iniciativa. Así o anunciou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que explicou que a iniciativa se convoca co fin de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de terceiro de ESO, de primeiro de Bacharelato e Ciclos Formativos e, ao tempo, xerar neles un pensamento crítico afondando en diferentes temas. “Debemos acoller os refuxiados” é a temática sobre a que falarán os equipos reunidos na localidade este sábado e no que ademáis de escolares de Narón estarán representados outros procedentes de centros de ensino de Ferrol e Carballo. A Fase de zona de Narón comezará ás 9.30 horas –o remate está previsto sobre as 14.00- e súmase ás que se desenvolverán en Pontevedra, na Coruña e en Negreira. En total participarán no acto do sábado 31 alumnos e alumnas de catro centros: o CPI do Feal (Narón); o IES Isidro Parga Pondal (Carballo); o IES Leixa (Ferrol) e o Colexio Plurilingüe Compañía de María (Ferrol).
Algo máis de 350 rapaces e rapazas -divididos en 38 equipos de 22 centros de ensino- participan nestes debates, organizados polos Servizos de Normalización Lingüística de once concellos. Os gañadores das Fases de zona recibirán un premio en material cultural valorado entre 500 e 300 euros e o equipo vencedor na final galega –que se disputará o 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra- recibirá como premio unha viaxe multiaventura dunha fin de semana para 20 persoas nun lugar no que poidan coñecer novos aspectos da realidade lingüística, tal e como apuntaron desde a organización.
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, valorou o feito de que unha das fases do Club de debate se celebre por primeira vez no municipio e agradeceu a participación do alumnado en xeral e, en particular, dos mozos e mozas do colexio do Feal que se sumaron á convocatoria. “Con esta actividade o alumnado terá a oportunidade de fomentar o uso da nosa lingua pero trátase ademais dunha excelente ocasión para que amosen, ademais da fluidez coa que falan galego, a súa capacidade de traballar en equipo, valores que porán en práctica durante as sesións de debate e que, sen dúbida, teñen especial relevancia na área da formación do colectivo ao que se dirixen”, apuntou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal