Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 200 ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPAN NO PROGRAMA DE DIFUSIÓN E VALORIZACIÓN DA CULTURA TRADICIONAL
O Padroado da Cultura impulsa esta iniciativa, que consta dunha serie de unidades didácticas nas que participa o alumnado dos colexios que o solicitan
Narón, 3 de marzo de 2016. O Padroado da Cultura de Narón desenvolve este mes unha serie de unidades didácticas sobre a música e o baile tradicionais enmarcadas no Programa de Difusión e Valorización da Cultura Tradicional. Así o anunciou a vicepresidenta do organismo e concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, que indicou que as sesións que se están impartindo en marzo se dirixen a un total de 228 alumnos e alumnas de educación Infantil -3, 4 e 5 anos- dos centros que o solicitaron: CEIP Piñeiros, CRA de Narón e CEIP Ponte de Xuvia. As unidades didácticas leváronse xa a cabo nos CRA de Pedroso, o 1 de marzo, e de Domirón, o día 2, se ben os seguintes a desenvolver terán lugar o vindeiro 7 de marzo no CRA de Sedes, e o 9 de marzo no CEIP Ponte de Xuvia. O alumnado recibe primeiro das persoas que imparten as sesións as pertinentes explicacións sobre o contido da unidade e tamén conceptos básicos sobre as diferentes familias de instrumentos. A continuación asisten a unha demostración práctica, na que se lles dá a oportunidade de escoitar cada instrumento para así poder diferencialos, e, por último, realizan unha práctica básica de dous bailes tradicionais, un solto e outro agarrados. Cada unha destas sesións ten unha duración aproximada de cincuenta minutos. Estas unidades didácticas do Programa de Difusión e Valorización da Cultura Tradicional comezaron a desenvolverse coincidindo co inicio do curso escolar, en setembro. Foi entón cando se impartiron en todos os centros de ensino do Concello ao alumnado de primeiro e segundo curso de educación Primaria, chegando a máis de 1.300 alumnos e alumnas. A vicepresidenta do Padroado destacou que este tipo de convocatorias “permiten desenvolver nos centros educativos unha serie de actividades formativas coas que achegar aos rapaces e rapazas de diferentes idades, a través de adaptacións curriculares diferenciadas, unha serie de coñecementos tanto dos bailes tradicionais galegos como dos instrumentos musicais utilizados polos nosos ancestros”. Ferreiro valorou a participación dos diferentes centros de ensino da localidade neste programa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal