Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ A V EXPOSICIÓN CANINA CONCELLO DE NARÓN
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ A V EXPOSICIÓN CANINA CONCELLO DE NARÓN
Na convocatoria que se desenvolverá os días 5 e 6 de marzo, con probas puntuables para o campeonato autonómico, participarán cans procedentes de varios municipios galegos
Narón, 3 de marzo de 2016. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e o presidente e a tesoureira da Sociedade Cinolóxica Galega Expogal, Javier Davila e Beatriz López, respectivamente, presentaron a quinta edición da Exposición Canina Concello de Narón. O evento, cuxa entrada é de balde, celebrarase os días 5 e 6 de marzo no recinto feiral do Trece, en Sedes.
A programación do sábado comezará ás 17.00 horas coas exhibicións caninas, mantendo o formato de anos anteriores con catro categorías, destinadas a cans con e sen pedigree –estes últimos poderán obtelo durante esta fin de semana nesta convocatoria-. Ao finalizar a mesma haberá unha exhibición no exterior –no caso de que as condicións meteorolóxicas o permitan- da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga). Pechará o programa do sábado o certame de mascotas, con trofeos para os gañadores. A cota de inscrición na convocatoria do sábado ten un custe de tres euros e poden formalizarse o mesmo día a partir das 16.00 horas.
O domingo terá lugar unha exposición, para a que as persoas interesadas en inscribirse –o prezo é de 20 euros- poderán facelo no recinto a partir das 11.00 horas. A mostra desenvolverase ata o mediodía –tempo no que se realizará a preselección dos mellores exemplares- e a partir das 16.30 procederase á entrega de trofeos. Un xuíz internacional encargarase de valorar aos cans que participen, ao tratarse dunha proba puntuable para o campionato galego e na que o resultado obtido en Narón contabiliza á hora de poder optar a esta proba autonómica. Así mesmo, procederase a entregar os diplomas aos gañadores do campionato galego de 2015, un acto que tradicionalmente se celebra en Narón, tal e como recordou Davila.
A organización calcula en que participen uns 150 cans nesta convocatoria, procedentes de diferentes concellos de Galicia, aínda que a cifra podería incrementarse porque o prazo de inscrición estará aberto ata o último día, para así facilitar a asistencia aos interesados.
Davila agradeceu “a constante colaboración” do Concello de Narón a esta convocatoria ano tras ano e, ao respecto, aludiu tamén ao cartel da exposición canina, que este ano ten, explicou, “un trasfondo dun proxecto sobre a educación á cidadanía en materia de convivencia cívica cos animais, neste caso os cans, e que nos gustaría iniciar co Concello de Narón polo bo trato que sempre ten con nós”.
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, recordou que a boa acollida que ten esta Exposición Canina permitiu consolidar este evento no calendario de feiras do municipio. “Animo a todos os veciños e veciñas a desprazarse esta fin de semana ata o recinto feiral do Trece para poder ver a calidade dos cans que se presentan a este tipo de convocatorias e tamén o traballo que realizan asociacións como Casaga en materia de adestramento de equipos formados por un guía e un can para tarefas como a localización de persoas desaparecidas”. A edil agradeceu o traballo da organización e das entidades e colectivos que xunto co Concello naronés colaboran nesta iniciativa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal