Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DE XUVIA E A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERON OS ÚLTIMOS ACTOS DO PROGRAMA DO VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "CONTA CON NARÓN"
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DE XUVIA E A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERON OS ÚLTIMOS ACTOS DO PROGRAMA DO VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL
Os narradores Nelson Calderón e Paula Carballeira foron os encargados de poñer fin á programación deste evento
Narón, 5 de marzo de 2016. As “Contadas Infantís” celebradas o 5 de marzo, a partir das 12.00 horas, no Centro Cívico Social de Xuvia e na Biblioteca municipal do Alto pecharon o programa da sétima edición do Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón”. Máis dun cento de persoas –menores e adultos- asistiron ás dúas sesións protagonizadas polo colombiano Nelson Calderón en Xuvia e pola galega Paula Carballeira no Alto. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, valorou o éxito desta nova edición do festival e agradeceu a participación dos narradores convidados nesta convocatoria, Nelson Calderón, Paula Carballeira, Quico Cadaval (Galicia) e Boniface Ofogo (Camerún).
Os catro protagonistas deste festival participaron o pasado venres nunha “Contada Colectiva” no auditorio municipal –na praza de Galicia-, se ben na xornada anterior, a do xoves día 3, contou tamén unha gran variedade de historias no Café Teatro do Pazo da Cultura o colombiano Nelson Calderón, encargado de inaugurar a convocatoria deste ano. A edil de Cultura destacou ademais a boa acollida que tiveron as sesións programadas nos CEIP da Gándara e da Solaina e no CPI do Feal, “onde os alumnos e alumnas puideron gozar dunha actividade cultural nas propias aulas dos centros, o que permite diversificar a formación e os métodos a través dos que achegar este tipo de sesións aos rapaces e rapazas”. A concelleira naronesa destacou a implicación dos tres centros de ensino que se acolleron a esta proposta municipal e tamén do alumnado e do público que acudiu ás diferentes “contadas” que se desenvolveron desde o pasado xoves en diferentes ubicacións da localidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal