Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNS CEN CANS PARTICIPARON NAS PROBAS DA PRIMEIRA XORNADA DA "V EXPOSICIÓN CANINA CONCELLO DE NARÓN"
UNS CEN CANS PARTICIPARON NAS PROBAS DA PRIMEIRA XORNADA DA
A convocatoria desenvólvese os días 5 e 6 de marzo no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes
Narón, 5 de marzo de 2016. O recinto feiral do Trece, en Sedes, acolleu o inicio dos actos contemplados no programa da quinta edición da “Exposición Canina Concello de Narón”, organizada pola área de Feiras e Mercados que preside a edil Mar Gómez. Ás cinco da tarde comezou unha exhibición a cargo da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga) no exterior das naves do recinto e, unha vez rematada, iniciouse a exhibición, no que participaron uns cen cans. A concelleira naronesa entregou os trofeos aos galardoados nas categorías de Miss, Míster, King Kong e Pitufín. O Concello de Narón e a Sociedade Cinolóxica Galega –representada polo seu presidente, Javier Davila, e a tesoureira, Beatriz López- colaboran na organización desta convocatoria.
A programación deste evento continuará o 6 de marzo, a partir das 11.00 horas, cunha exposición canina na que poderán inscribirse todos os interesados abonando unha cuota de 20 euros. Tralo desenvolvemento desta exposición entregaranse trofeos aos exemplares que reciban a mellor valoración dun xuíz internacional que acudirá ás probas, puntuables para o campionato autonómico. Antes de rematar a programación procederase á entrega dos diplomas aos gañadores do campionato galego de 2015.
A concelleira de Feiras valorou a elevada participación neste evento e recordou aos veciños e veciñas que aínda terán o domingo día 6 a oportunidade de desprazarse ata o recinto feiral do Trece para gozar desta Exposición Canina Concello de Narón. “Poderanse ver de novo cans de moi diversas razas e coñecer máis polo miúdo as características dos exemplares máis valorados nas exposicións caninas, ademais de ofrecerse a posibilidade de obter o pedigree para os cans que non o teñan realizando os pertinentes trámites nun local habilitado dentro do recinto feiral do Trece”, apuntou Gómez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal