Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
JOSÉ MANUEL BLANCO RECOLLEU EN SANTIAGO O SEGUNDO PREMIO COOPERA GALICIA DE ENTIDADES LOCAIS 2015 CONCEDIDO Á MANCOMUNIDADE
O galardón, dotado con 25.000 euros, recoñece o proxecto de xestión mancomunada da Casa de Acollida de Ferrol
Narón, 7 de marzo de 2016. O vicepresidente da Mancomunidade e alcalde de Narón, José Manuel Blanco, desprazouse a Santiago para recoller o segundo dos Premios Coopera Galicia de Entidades Locais 2015, que a Xunta de Galicia concedeu á Mancomunidade polo proxecto da Casa de Acollida de Ferrol. Os concellos que integran o citado organismo apostan por xestionar de modo conxunto o servizo. O galardón está dotado con 25.000 euros, unha cantidade que se prevé destinar a reformar as citadas instalacións, nas que viven mulleres e nenos e nenas de diversos concellos. O vicepresidente da Mancomunidade destacou o traballo do organismo e o proxecto co que optaban aos premios Coopera, agradecendo o recoñecemento ao mesmo. Os encargados de entregar o premio foron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, que subliñaron a importancia da colaboración entre as administracións en xeral e as locais en particular. Ao acto asistiron tamén a primeira tenente de alcalde de Ferrol, Beatriz Sestayo; a súa homónima de Narón, Marián Ferreiro, e outros alcaldes e representantes dos concellos da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal