Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO NOMEA A MANUELA LUZ DÍAZ GÓMEZ MULLER DO ANO 2016
O CONCELLO NOMEA A MANUELA LUZ DÍAZ GÓMEZ MULLER DO ANO 2016
A galardoada, unha mariscadora de 85 anos e nativa de San Mateo, recibiu unha homenaxe no Concello
Narón, 8 de marzo de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu a recepción institucional á Muller do Ano 2016, unha distinción que -a modo de sorpresa, como é habitual- se concedeu a Manuela Luz Díaz Gómez (Maruja), unha mariscadora de 85 anos –cumprirá 86 o día 11 deste mes- que naceu na parroquia de San Mateo. Foi o primeiro dos actos desenvolvidos no municipio co gallo do Día Internacional das Mulleres, que se conmemora hoxe. Coa homenaxe a esta muller, que ten once fillos –dous faleceron con curta idade-, dezasete netos e dez bisnetos, o Concello de Narón quere facer extensiva a distinción a todas as mulleres que traballaron e traballan no mar. Á convocatoria asistiron, ademais de familiares e amigos da homenaxeada, a edil de Igualdade, Teresa Sabio e os portavoces municipais de TEGA, Marián Ferreiro; PSOE, Catalina García, e BNG, Pablo Villamar.
Acompañada da súa filla Marta, coa que vive no Feal, chegou Maruja ao Concello pensando que lle ían cambiar o número da súa vivenda. Foi a edil de Igualdade, Teresa Sabio, a encargada de dicirlle que ese non era o motivo da súa visita, apuntando que “Narón é a oitava cidade de Galicia e cremos que houbo xente que colaborou a que se incrementase o número de habitantes nos últimos anos, polo que nos gustaría que unha persoa que está hoxe aquí nos explicase cómo fixo para traballar fóra e na casa, levar unha vida adiante, e ser o eixo da súa gran familia”. A continuación foi o alcalde o encargado de chamar á homenaxeada. “Dixéronme que nesta sala hai unha persoa que ten moita información de Narón, e que habitualmente se coñece como Maruja pero que se chama Manuela Luz Díaz Gómez, a quen lle pediría que nos acompañara nesta mesa para explicarnos un pouco a súa historia”, apuntou Blanco. O rexedor local anuncioulle á homenaxeada que a través deste acto “queremos explicarlle ás mulleres o que era a súa vida na casa, compaxinándoa co seu traballo fóra, sendo unha das primeiras mulleres de Narón, se non a primeira, que foi a mariscar en bote”. Maruja recordou que traballou no mar 25 anos e explicou aos representantes municipais e aos asistentes ao acto que “cando a marea era pola mañá facía as cousas da casa pola tarde e os nenos comían no comedor da escola, e cando era pola tarde e eu facía as labores pola mañá e atendía ás vacas, ás galiñas, aos coellos…Eu non tiña ningún tempo libre porque ás sete da mañá xa estaba pasando o ferro á roupa para que os nenos e nenas foran á escola”.
O alcalde léulle á homenaxeada o acordo plenario no que se acordou conceder a Manuela Luz Díaz a distinción de Muller do Ano 2016, “atendendo ás circunstancias específicas no plano social e persoal”. A continuación Maruja recordou parte da súa historia aos asistentes e tamén algunhas das anécdotas vividas no mar, como cando rompeu augas mentres faenaba, e tamén cómo lle aprenderon a ler e escribir asistindo a un programa de alfabetización impartido desde o Concello de Narón, vivencias que lembrou durante o acto. A homenaxeada recibiu como agasallos institucionais un broche e tamén un ramo de flores como recordo desta data, ademais dunha copia do acordo plenario no que se aprobou nomeala como Muller do Ano 2016.
O rexedor local e a concelleira de Igualdade felicitaron a Maruja e destacaron a súa labor persoal e profesional, conversando animadamente con ela e agradecéndolle o seu traballo para, a continuación, convidala a asistir á Cea da Muller que terá lugar este venres en Casa Becerra.
O programa de actos deseñado con motivo do Día Internacional das Mulleres continuou cun acto simbólico de solta de globos pola Igualdade na Praza de Galicia. Así mesmo, o vindeiro xoves, día 10, o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá unha homenaxe póstuma á exedil Manuela Pérez Sequeiros, a partir das 12.30 horas e o venres, día 11, terá lugar a tradicional Cea das Mulleres en Casa Becerra (San Xiao), ás 21.30 horas. Nesta última convocatoria homenaxearase a Maruja cun acto público. As persoas que desexen acudir á cea deben abonar 20 euros no número de conta ES30-0182-4590-11-0010024250 (BBVA) –canxeando o resgardo bancario pola entrada no Servizo Sociocomunitario de Narón- ou adquirir os tickets no propio restaurante, dispoñendo de prazo ata o 9 de marzo para facelo.
Os actos continuarán o día 18 deste mes, cun obradoiro de saúde no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, a partir das 18.00 horas, sobre o “Virus do papiloma humano”. A sesión repetirase o día 29, a partir das 16.30 horas, no IES das Telleiras. A última actividade programada será o 1 de abril no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, cunha charla sobre “Saúde cardiovascular feminina” a partir das 18.30 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal