Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA TEATRO DO MORCEGO ESTREARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO DA CULTURA A OBRA "NOSA SEÑORA DAS NUBES"
A COMPAÑÍA TEATRO DO MORCEGO ESTREARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO DA CULTURA A OBRA
A representación desta comedia terá lugar a partir das 20.00 horas
Narón, 9 de marzo de 2016. A compañía Teatro do Morcego estreará este sábado no Pazo da Cultura a obra “Nosa Señora das Nubes”. Esta comedia para adultos está dirixida por Celso Parada, un dos actores do elenco xunto con Josi Lage, Mundo Villalustres e Pablo Costas. A representación comezará ás 20.00 horas e o prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos), desempregados e menores de 14 anos.
A poesía e o humor son unha constante nesta peza, cuxo autor é Arístides Vargas e que centra as historias na lonxana patria de Nosa Señora das Nubes. Dous personaxes expatriados que se atopan, Óscar e Bruno, describen as súas vivencias anos atrás no que foi o seu pobo, alternándoas con outras máis actuais e facendo reflexionar aos espectadores sobre o exilio e os desprazados no mundo.
As persoas interesadas en recibir máis información ou reservar as súas entradas poden facelo chamando ao número de teléfono 981 102 897 ou a través do correo electrónico: taquilla.pazo.@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal