Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINA MÁIS DE 330.000 EUROS A MELLORAS E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
O CONCELLO DESTINA MÁIS DE 330.000 EUROS A MELLORAS E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Unha parte das obras executouse a finais de 2015, mentres que outras intervencións proxectadas están actualmente en execución ou pendentes de executar
Narón, 11 de marzo de 2016. O Concello de Narón destina unha partida de 332.100 euros a investimentos para actuacións de mellora e de mantemento de varias instalacións deportivas municipais. Así o anunciaron esta mañá os edís de Obras Públicas, Pablo Mauriz, e Deportes, Román Romero, apuntando que unha parte destes traballos se executaron a finais do ano pasado, mentres que outros están actualmente en execución ou pendentes de executar. Esta mesma semana comezaba a intervención que permitirá reformar e ampliar os vestiarios do pavillón da Mocidade, na Gándara, que suporá un desembolso de 107.000 euros, a partida máis elevada das nove contempladas neste paquete de actuacións. Os traballos consistirán na construción de seis vestiarios, dous aseos xerais e locais para o conserxe e mantemento, así como un espazo para o clube de boxeo, según explicaron os concelleiros.
Na actualidade están pendentes de executar tarefas de adaptación en vías de evacuación –incorporando novas portas de evacuación en caso de incendio e ampliando as luminarias de emerxencia, entre outras- nas instalacións deportivas de Campo da Serra (Santa Icía), As Lagoas (Freixeiro) e Piñeiros, que tal e como apuntou o edil Pablo Mauriz están incluídas no Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña e suporán, en conxunto, un investimento de 49.000 euros. Así mesmo, procederase a instalar iluminación led en Campo da Serra, unha intervención valorada en 12.000 euros, apuntou Román Romero.
En canto ás actuacións que xa remataron están as reparacións eléctricas proxectadas nas instalacións deportivas das Lagoas, A Gándara e Santa Icía, que supuxeron ás arcas locais un desembolso total de 18.500 euros; a montaxe de novos canalóns na cuberta do pavillón da Gándara e a reposición de pavimento antideslizante na piscina destas instalacións, por 26.000 euros e 9.000 euros, respectivamente; o cambio de cuberta nos vestiarios do pavillón das Lagoas, valorado en 36.000 euros; a renovación do pavimento do pavillón polideportivo de Piñeiros, por 39.000 euros, e as obras do campo de fútbol de San Mateo, que custaron 35.600 euros.
O concelleiro de Obras Públicas destacou o “esforzo inversor” que nestes tempos de crise realiza a administración local para poder atender estes traballos que, subliñou, “veñen a oficializar a firme aposta deste goberno municipal polo mantemento e as novas obras en diversas instalacións deportivas”. Pola súa banda, o edil de Deportes valorou os investimentos a realizar e avanzou que a intención do goberno local “é continuar traballando nesta liña para poder ter nas condicións óptimas estas instalacións nas que ao longo do ano moitos veciños e veciñas de Narón e tamén doutros concellos da zona practican diferentes actividades deportivas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal