Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA DIRIXIDO A FUTUROS FORMADORES ABRIRÁ O VINDEIRO 14 DE MARZO
O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA DIRIXIDO A FUTUROS FORMADORES ABRIRÁ O VINDEIRO 14 DE MARZO
A Concellería de Formación e Novas Tecnoloxías, dirixida por Natalia Hermida, organiza esta acción formativa, a primeira pública destas características convocada na comarca
Narón, 11 de marzo de 2016. A Concellería de Formación e Novas Tecnoloxías, presidida pola edil Natalia Hermida, organiza un curso de Programación e robótica para futuros formadores. A convocatoria diríxese a veciños e veciñas do municipio, desempregados, e maiores de 18 anos, se ben para asistir será necesario superar unha proba ou entrevista, incluída no proceso de selección, para localizar os perfís que máis se axusten aos obxectivos desta acción formativa. A concelleira da área anunciou que o prazo de matrícula se abrirá o vindeiro luns, día 14, e rematará o día 23 deste mes. “Trátase da primeira convocatoria formativa pública nesta modalidade na comarca, que apostamos desde o Concello por incluír na oferta de cursos municipais ao considerar que actualmente existe un importante nicho de mercado nesta área, sendo necesario contar con formadores na materia de xeito inmediato para atender á actual e futura demanda”, subliñou Natalia Hermida.
As sesións, das que se beneficiarán quince persoas, teñen unha duración de 300 horas teórico prácticas -das que 75 se desenvolverán en centros educativos ou similares- a través das que os asistentes adquirirán coñecementos sobre os códigos de programación e metodoloxía pedagóxica. As clases comezarán o 4 de abril e rematarán o 23 de xuño.
Aquelas persoas interesadas en inscribirse deben entregar o formulario de solicitude –dispoñible no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web: www.naron.es- no Rexistro municipal. Para obter máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomuntario –no primeiro andar- ou chamar ao número de teléfono 980 337 700 (extensións: 2602/1120/1107 e 1123).
Hermida destacou a importancia desta materia, incidindo nas posibilidades que actualmente ofrece de cara a posibles saídas laborais e, máis se cabe, tendo en conta que “tal e como se establece na Lomce trátase dunha das materias que se aposta por impartir nos colexios desde idades moi temperás”.


Descarga de archivos
FICHA DE INSCRICIÓNTamaño: 122,54 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal