Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO XA ESTÁ OPERATIVO
O PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO XA ESTÁ OPERATIVO
Os portavoces dos grupos da corporación local asistiron esta mañá á presentación do portal
Narón, 12 de marzo de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, anunciou que o Concello de Narón ten operativo desde esta mesma mañá o portal de Transparencia. O traballo presentouse hoxe aos portavoces de todos os grupos políticos municipais, que asistiron á posta en marcha da nova páxina web municipal de transparencia, á que xa poden acceder todos os administrados a través do enlace: naron.transparencialocal.gob.es. O alcalde recordou que “o devandito instrumento permite dar pleno cumprimento ás obrigas que resultan da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno, que entrou en vigor para os Concellos o pasado mes de decembro”. Previamente, a Xunta de Goberno municipal de Narón, nunha sesión celebrada no mes de xullo de 2015, acordou a adhesión do Consistorio ao acordo marco de colaboración asinado o 28 de abril de 2015, entre a Secretaría de Estado de Administración Pública e a Federación Española de Municipios e Provincias. O fin desta adhesión é, tal e como se apuntou no seu día, promover e facilitar o desenvolvemento daquela normativa nas entidades locais, asumindo expresamente a creación do portal que hoxe xa se atopa operativo.
O Concello xa tiña incorporadas na súa páxina web -www.naron.es, que está sendo igualmente obxecto de diversas adaptacións e desde onde tamén se accede ao citado portal- un bo número das informacións públicas esixidas. Coa apertura do novo portal na internet calquera usuario poderá acceder cun sinxelo "clic" á práctica totalidade das actuacións administrativas. De feito, a páxina estrutúrase –seguindo o modelo fixado polo Estado– en tres categorías (Institucional, Normativa e Económica) nas que se inclúen –entre outras-: Funcións; Normativa de aplicación; Estrutura organizativa; Organigrama actualizado; Plans e programas; Normas destacadas, Normas municipais en vigor e en tramitación; Contratos; Convenios subscritos; Encomendas de xestión; Subvencións públicas concedidas; Orzamentos; Contas anuais; Retribucións percibidas; Relación de Postos de Traballo (RPT); Oferta de emprego; Bens inmobles e Vehículos.
Así mesmo, dende o goberno local comunícase que trala exposición pública da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública, reutilización de datos e bo goberno do Concello de Narón, sen que se teñan presentadas alegacións ningunhas, procederase á inmediata publicación desa norma no Boletín Oficial da Provincia.
O alcalde valorou a posta en servizo deste portal na internet e agradeceu o “exemplar traballo” e a “dedicación” de todo o persoal do Concello que nas últimas semanas se adicou a subir todos e cada un dos datos que se poderán consultar no citado portal de Transparencia e que se irán actualizando “co fin de ofrecer á cidadanía un servizo a través do que poder consultar mediante a rede unha gran variedade de asuntos relacionados co Concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal