Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNADO DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL PLANTOU UNHA TRINTENA DE ÁRBORES NA PRAZA CLARA CAMPOAMOR
ALUMNADO DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL PLANTOU UNHA TRINTENA DE ÁRBORES NA PRAZA CLARA CAMPOAMOR
A actividade enmárcase nunhas xornadas ambientais promovidas na localidade pola Corporación Masaveu
Narón, 15 de marzo de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e edís do grupo de goberno, entre eles os de Servizos, Urbanismo e Cultura, Ibán Santalla, Manuel Ramos e Marián Ferreiro, respectivamente, asistiron á plantación de árbores que anualmente promove no municipio o Grupo Masaveu, propietario da Fábrica de Cemento de Narón. Ao acto, que tivo lugar na plaza Clara Campoamor, na Gándara, acudiron representantes da empresa, entre eles o responsable de Relacións Institucionais e Comunicación, Javier Camino y o director da fábrica do grupo no municipio, Carlos Hugo Huerta, e tamén profesorado e alumnado do colexio Santiago Apóstol. Un grupo de cincuenta rapaces e rapazas de sexto curso de Primaria encargouse de plantar as árbores, un total de 32 especies de cereixos de flor, pereiras, algarrobos e ciroleiras de xardín, entre outros, todos eles dunha altura aproximada de dous metros.
A actividade responde a unha campaña de sensibilización medioambiental que desde hai varios anos impulsa na localidade a Corporación Masaveu. Escolares do citado centro naronés, axudados polo rexedor local e por edís da corporación e representantes da empresa plantaron as árbores e puxéronlles unha cinta co seu nome e curso, deixando así constancia do traballo realizado. Os rapaces e rapazas do colexio Santiago Apóstol plantaron xa en anos anteriores outras especies arbóreas nesta zona verde do Concello, concretamente o ano pasado un total de 25 especies de acacias, maciñeiras e algarrobos. As plantacións levábanse inicialmente a cabo nos terreos do exterior da fábrica da compañía, pero a falta de máis espazo para continuar realizando esta actividade nesa zona levou aos seus impulsores a buscar co concello unha ubicación alternativa, que nos últimos anos foi a praza Clara Campoamor.
O Concello realizou a finais do pasado ano un investimento de case 10.000 euros nesta zona verde, que se ampliou en algo máis de 2.000 metros cadrados e onde se plantaron varias especies ornamentais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal