Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO VIRXE DO MAR VISITOU O CONCELLO
O rexedor local, José Manuel Blanco, recibiu no salón de plenos a un total de 25 nenos e nenas de educación Infantil
Narón, 16 de marzo de 2016. Un grupo de 25 nenos e nenas de segundo ciclo de educación Infantil do colexio Virxe do Mar visitou esta mañá o Concello. Os menores, de entre cinco e seis anos, foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos, sentándose nos asentos que nas sesións plenarias ocupan os edís da corporación local. Unha vez alí presenciaron unha proxección dun libro infantil que levaron como agasallo e tamén unha gorra, para recordar a súa visita á Casa Consistorial. Os nenos e nenas estiveron acompañados por mestras do centro educativo e por persoal do Consistorio, sendo este último o encargado de darlles as pertinentes explicacións sobre parte do traballo que se realiza día a día na administración local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal