Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNADO DE TRES CENTROS DE ENSINO DO MUNICIPIO PARTICIPOU NOS OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL E NAS ASESORÍAS DE SEXUALIDADE
ALUMNADO DE TRES CENTROS DE ENSINO DO MUNICIPIO PARTICIPOU NOS OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL E NAS ASESORÍAS DE SEXUALIDADE
Medio milleiro de rapaces e rapazas implicáronse nesta iniciativa, promovida pola Concellería de Mocidade que dirixe Natalia Hermida, e que se desenvolve nos IES das Telleiras e Terra de Trasancos e no CPI do Feal
Narón, 18 de marzo de 2016. As Asesorías de sexualidade e os Obradoiros de educación afectivo-sexual programados desde o Concello permitiron atender a un total de cincocentos rapaces e rapazas de diferentes centros educativos de Narón entre os meses de outubro do pasado ano e febreiro de 2016. A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, destacou a importancia de convocar este tipo de obradoiros dirixidos a alumnado de segundo curso de ESO e tamén o traballo impulsado desde as Asesorías de sexualidade ubicadas nos IES Terra de Trasancos e As Telleiras e no CPI do Feal.
O pasado mes de outubro comezaron a funcionar as citadas Asesorías no IES Terra de Trasancos de 10.10 a 10.30; no das Telleiras de 12.10 a 12.30 horas os luns, e no CPI do Feal os venres de 12.05 a 12.25 horas. Desde o seu inicio e ata finais do pasado febreiro –en xaneiro non estiveron operativas- atendeuse a través deste servizo a un total de 368 rapaces e rapazas dos tres centros educativos. Un equipo de profesionais asesora ao alumnado sobre os recursos que existen na administración local e atende as dúbidas que poidan plantexar. Autoestima, respecto, análise crítico dos estereotipos de xénero e condutas sexistas, fisioloxía sexual e hixiene e saúde son algúns dos temas que se abordan a través desta iniciativa.
Nos obradoiros de educación afectivo-sexual trabállase cos menores en temas como a prevención de embarazos non desexados, recoñecemento de Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS), roles de xénero e estereotipos, entre outros. Nestes obradoiros participaron desde outubro do pasado ano un total de 132 alumnos e alumnas.
A concelleira de Mocidade valorou a acollida destas dúas propostas, que continuarán desevolvéndose, recordou, nos vindeiros meses. As Asesorías de sexualidade permanecerán operativas ata maio, coincidindo co remate do curso escolar, e os Obradoiros de educación afectivo-sexual convocaranse proximamente no centro no que aínda non se impartiron, o colexio do Feal, tal e como recordou Natalia Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal