Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO OFRECE Á XUNTA UN TERRENO EN SAN XIAO DE NARÓN PARA CONSTRUIR UN CENTRO DE DÍA
O CONCELLO OFRECE Á XUNTA UN TERRENO EN SAN XIAO DE NARÓN PARA CONSTRUIR UN CENTRO DE DÍA
Narón, 22 de Febreiro de 2008.- O Concello de Narón ven de ofrecer á Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Galicia un terreno de propiedade municipal, situado en San Xiao de Narón (Xuvia), para construir un centro de atención para persoas dependentes. O goberno local responde así con rapidez á oferta realizada pola Xunta de Galicia –a través dun fax recibido no Concello o 19 de Febreiro- no que se comunicaba que o goberno autonómico estaba a construir centros de día para persoas dependentes, e se pedía ó Concello que contactaran con eles.

O Alcalde, Xoán Gato, enviou hoxe mesmo ó Director Xeral de Acción Social, Bieito Seara, un escrito no que se pone a disposición da Xunta una parcela de 5.070 m2 de perímetro regular, cun anexo de 9.130 m2 “que sería axeitado para complementar os servizos e zonas verdes que se necesitasen”, dí a carta. O Concello destaca tamén que nesta zona estase a desenvolver un Plan Parcial, dentro do que se están executando os viais e urbanizando a parcela, polo que podería otorgarse licenza de xeito inmediato.

Esta parcela está comunicada por transporte público urbano e colinda coa vía da estación de FEVE de Xuvia. Ademáis, nas súas proximidades ten outra parcela de 15.000 m2 de edificabilidade, que o Concello vai destinar á construcción de vivendas de promoción autonómica.

O Alcalde pídelle ó Director Xeral de Acción Social da Xunta, de quen depende esta proposta, que estudie o tema e ofrezca “unha resposta o máis axiña posible, sobre a aceptación desta oferta pola súa parte, para poder planificar o resto de equipamentos noutras zonas do municipio”, dí Xoán Gato en referencia a un novo centro de saúde, ou un pavillón polideportivo cuberto.

A primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, explicou que coas características que ten esta parcela, poderá conseguirse unha zona acolledora para persoas dependentes. “A súa ubicación é moi boa, porque se descentralizan os servizos e apóstase así por vertebrar o municipio”, dixo.

Díaz engadíu que con esta axilidade na resposta dada polo Concello “se amosa que temos unha preocupación e un interés moi grande polos servizos sociais, e que estamos aquí para mellorar a calidade de vida dos cidadáns”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal