Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA MUNICIPAL DE FORMACIÓN DE ACTRICES E ACTORES REPRESENTA AS "MOSTRAS DE TRABALLO ESCOLAR" DO CURSO 2015/2015
Alumnos e alumnas de terceiro curso porán en escena a obra "Materiacción" o día 28 de marzo no auditorio municipal
Narón, 26 de marzo de 2016. A primeira das "Mostras de Traballo Escolar" do curso 2015-2016 do alumnado de terceiro curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón representarase o día 28 de marzo no auditorio municipal. Así o anunciou a vicepresidenta do Padroado e concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, que apuntou que “Materiacción” é o título deste espectáculo, dirixido por Pablo Sánchez, responsable da asignatura de Teatro Físico e Cristina Montero, responsable de Danza. A representación comezará ás 20.30 horas e a entrada é de balde. Os espectadores e espectadoras terán a oportunidade de coñecer o traballo realizado polo alumnado nestas disciplinas, arredor dos materiais e as súas calidades de movemento: o corpo como líquido, como lume, arame, plástico ou plastilina. A concelleira de Cultura explicou que as "Mostras de Traballo Escolar" teñen entre os seus obxectivos “ofrecer ao alumnado a oportunidade de adquirir experiencia escénica diante do público, algo que é fundamental na práctica do teatro e da interpretación para os novos actores e actrices”. Así mesmo, esta iniciativa, recordou, permite achegar á veciñanza as actividades que se desenvolven a través da Escola de Teatro de Narón, con diferentes disciplinas formativas a impartir ao longo de cada curso. A Escola de Teatro de Narón porá en escena ata finais de curso outras dez mostras, entre as que se inclúen traballos realizados tanto polo alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores como nos Obradoiros municipais de Teatro, tal e como indicou Ferreiro. A concelleira de Cultura animou aos veciños e veciñas a acudir a esta representación teatral, dirixida a todos os públicos, para coñecer máis de preto a labor que se realiza nesta área a través do Padroado. Así mesmo, destacou e valorou o traballo que ano tras ano realizan tanto o profesorado como o alumnado da Escola de Teatro de Narón, unha iniciativa pioneira no municipio e donde se formaron recoñecidos profesionais nas artes escénicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal