Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A FEMP DESTACA A "EXTRAORDINARIA LABOR PEDAGÓXICA" DO PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE NARÓN
A FEMP DESTACA A
A Federación Española de Municipios e Provincias solicita autorización ao Consistorio para empregar o modelo de Narón como exemplo noutras localidades españolas
Narón, 29 de marzo de 2016. O Secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Juan Ávila, remitiu unha carta ao alcalde de Narón, José Manuel Blanco, trasladándolle a “máis sinceira noraboa polo fantástico traballo” realizado co Portal de Transparencia do Concello de Narón. Unha felicitación que responde ao recoñecemento realizado desde a subdirección de Modernización da FEMP. O traballo enmárcase no proxecto impulsado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (Minhap), no que a FEMP dá soporte aos concellos do Estado. Desde o citado organismo solicitan ao rexedor local autorización para poder empregar o modelo de Narón con outras entidades locais que están desenvolvendo os seus portais. Ao Portal de Transparencia do Concello de Narón, pódese acceder desde a dirección: naron.transparencialocal.gob.es.
O Secretario xeral da FEMP asegura que a labor realizada en Narón “merece ser recoñecida, difundida e reaproveitada por outros municipios que puideran demandala”. Con esta finalidade, desde o organismo apostan por realizar unha adaptación do traballo feito, trasladándollo ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas “para a súa incorporación nos manuais de uso e nas definicións de categorías de información que por defecto se veñen ofrecendo”, apuntan.
O representante do citado organismo destacou a “extraordinaria labor pedagóxica” do Portal de Transparencia de Narón, “coa definición das distintas categorías de información que se inclúen”, valorando así o traballo realizado polo Secretario municipal, Alfonso de Prado Fernández-Canteli e o equipo informático do Concello.
A páxina estrutúrase atendendo ao modelo fixado polo Estado, en tres categorías: Institucional, Normativa e Económica. A través das mesmas pódese acceder a outras como: Funcións; Normativa de aplicación; Estrutura organizativa; Organigrama actualizado; Plans e programas; Normas destacadas, Normas municipais en vigor e en tramitación; Contratos; Convenios subscritos; Encomendas de xestión; Subvencións públicas concedidas; Orzamentos; Contas anuais; Retribucións percibidas; Relación de Postos de Traballo (RPT); Oferta de emprego; Bens inmobles e Vehículos.
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, agradeceu as felicitacións remitidas desde a FEMP e incidiu novamente, como xa fixera no momento da presentación do Portal de Transparencia, no “exemplar traballo e a dedicación” de todas cantas persoas participaron na realización deste Portal, entre elas o Secretario xeral do Concello e o equipo informático.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal