Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ OS DÍAS 1 E 2 DE ABRIL O ESPECTÁCULO "MONÓLOGO DO IMBÉCIL"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ OS DÍAS 1 E 2 DE ABRIL O ESPECTÁCULO
A convocatoria inaugurará "Singular", o Festival do Monólogo Teatral organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora Eme2 e terá continuidade durante o mes de abril
Narón, 31 de marzo de 2016. O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acollerá o día 1 de abril a estrea de “Monólogo do imbécil”, unha obra escrita e dirixida polo naronés José Prieto e interpretada polo actor Xosé Antonio Touriñán. Será este o primeiro dos catro espectáculos que forman parte da primeira edición de “Singular”, o Festival do Monólogo Teatral organizado conxuntamente polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora teatral Eme2. A estrea será o día 1 ás 20.30 horas e o espectáculo repetirase o sábado, día 2, ás 20.00 horas, tamén no Pazo da Cultura naronés, para nas vindeiras semanas representarse en diferentes municipios galegos e doutras comunidades autónomas españolas.
O protagonista de “Monólogo do imbécil” é Santi, un home ao que todo lle sae mal a pesar dos seus esforzos por levar unha vida totalmente normal. Na súa vida tende a estar sempre nas nubes e iso lévao a experimentar de continuo estrañas sensacións, polo que tratará de buscar sentido a todo o que fai botando unha mirada atrás no tempo.
O Pazo da Cultura de Narón acollerá un espectáculo deste Festival do Monólogo Teatral cada venres do mes de abril, ás 20.30 horas. O día 8 de abril será o turno de José L. Esteban, con “Arte de las putas, una historia de amor”; o 15 de abril chegará Celso Sanmartín, con “Contar” e, por último, o 22 de abril, Riki López voltará ao escenario do Pazo con “Me tengo contento”.
O prezo das entradas para cada un destes monólogos, dirixidos a diferentes tipos de público, é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e persoas desempregadas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal